Grandal asegura que mellorarán o servizo de internet gratuíto en Salvaterra

28/07/2009 at 13:26 Deixar un comentario

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, manifesta que o servizo de internet esta a ser mellorado progresivamente e engade que non todos os veciños poden ter este servizo porque hai lugares ao que é imposible chegar por falta de visibilidade debido ás árbores, montes e falla de cobertura, ao igual que sucede cos móviles.

Grandal matiza que en España existen máis de 8000 concellos e Salvaterra é “un dos poucos que ten un servizo gratuíto de internet permitindo aforrar aos veciños 500 euros ao ano”.
“A manifestación do Bloque é oportunista. Pide para todos os veciños este servizo gratuíto cando isto é imposible. Ademais nos concellos que goberna o Bloque en case ningún hai este servizo gratuíto de internet”, manifesta o alcalde.

Sobre o transporte nas parroquias e Salvaterra, o alcalde explica que “farase cando se cree o área metropolitana, algo que non fixo o Bloque cando gobernou en Galicia nos últimos catro anos”.

Por último engade que a depuradora municipal funciona con normalidade.

Entry filed under: Salvaterra.

O BNG reclama a revisión e mellora da rede wifi para que poida ser utilizada por toda a veciñanza de Salvaterra A Deputación aproba a mellora da intersección da estrada Tortoreos-Rubiós-Carrasqueira, no concello de As Neves, por unha cuantía de 100.000 euros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: