Mondariz celebra a Festa dos Cesteiros e o Festival da Muiñeira

28/07/2009 at 16:03 Deixar un comentario

Os vindeiros días 1 e 2 de agosto celébrase en Mondariz a XXI edición da Festa dos Cesteiros e a XXII edición do Festival da Muiñeira.Máis de corenta artesáns exporán os seus traballos e produtos nesta edición, obras de todas as variedades e estilos que chegan a Mondariz dende toda a provincia e incluso dende fora de Galicia.
A feira de artesanía abrirase o sábado día1 ás 18:30 horas cun pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Domingo Fontán de Portas. A continuación haberá actividades para cativos e maiores entre as que cabe destacar as actuacións do Mago Piter ás 19:00 horas e a actuación de Cándido Pazó co espectáculo “O falar non ten cancelas”, contacontos para pícaros e maiores.
O día rematará cun festival de música folk coa actuación de “Os Carunchos” que será ás 22:30 horas. O domingo día 2 ás 10:00 horas apertura da Feira de Artesanía e da exposición de fotografía e pintura nas aulas do centro Social.
Ás 18:30 horas Festival da Muiñeira coa actuación dos grupos:CEAR CASTROMAO (Mondariz); NOSA TERRA (Pereiras-Mos)
XIRANDOLA (Silleda) e ANDARELA (Vigo).
O peche desta edición será o luns día 3 coa proxeción da película “Kung Fu Panda” ás 22:30 horas, a película de animación da produtora de Spilberg fará as delicias de grandes e cativos.
Cine Caixanova de Verán é unha das actividades culturais que a entidade financiera levará a Mondariz, fruto do convenio de colaboración establecido co concello.

Entry filed under: Mondariz.

A Xunta inviste máis de 25 millóns de euros na construción dunha autovía entre a PLISAN e a A-52 O BNG de Ponteareas propón invertir na eliminación dos vertidos ao río Tea

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: