O alcalde de Ponteareas recibíu aos trinta neno saharauis que gozan das vacacións na vila do Corpus

28/07/2009 at 15:25 Deixar un comentario

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado de membros do Grupo de Goberno recibiu na tarde do venres, no Salón de Plenos da Casa do Concello, aos 30 nenos e nenas saharauís que participan no programa “Vacacións en Paz” que organiza a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Nesta recepción, a Asociación estaba representada polo seu presidente, Bernardo Porto, amais de polos delegados das comarcas da Paradanta e O Condado, Conchi Fernández e Fito Álvarez, respectivamente.
Salvador González Solla salientou nas palabras que dirixiu a todos os presentes que “Ponteareas é un dos concellos que, dende o inicio deste programa, máis activamente participa nel”. Engadía o alcalde ponteareán que “todos os anos, as familias de Ponteareas responden a esta chamada á solidariedade acollendo nas súas casas a nenos e nenas que viven, de xeito cotiá, nunhas condicións tan duras como as que se dan nos campamentos de refuxiados do Tinduf”. Precisamente para estas familias, González Solla quería transmitirlles o seu “máis sincero agradecemento por colaborar, de xeito totalmente altruísta, nesta iniciativa a prol da paz e da convivencia entre os pobos, unha colaboración que fai que Ponteareas sexa un dos municipios máis solidarios de Galicia”.
Para poñer o seu grao de area nesta acción solidaria, no pasado mes de abril, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e o delegado da Asociación “Solidariedade Galega co Pobo Saharauí” para O Condado, Adolfo Álvarez Tombo, asinaban un convenio de colaboración, polo que o goberno local comprometía unha achega de 4.500 euros para a realización do seu programa “Vacacións en Paz”.
Este programa, permite que cada ano, nenos e nenas que habitualmente residen nos campamentos de refuxiados saharauís, poidan saír dun clima de guerra permanente para gozar da convivencia coas familias de Ponteareas e do Condado.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG de Ponteareas critica ao PP por subir a taxa do lixo Primeiro curso de prevención de riscos laborais na Antena Cameral de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: