O BNG de Ponteareas critica ao PP por subir a taxa do lixo

28/07/2009 at 13:41 Deixar un comentario

O BNG de Ponteareas, criticou o “cinismo e a desfachatez do PP e do alcalde Salvador G. Solla” por ter declarado recentemente que, “nestes momentos de crise non son os máis idóneos para gravar ás familias de Ponteareas con novas taxas ou incrementos das mesmas” xa que segundo os nacionalista o Partido Popular está todos os días falando de austeridade e de conxelación de impostos pero comunican aos veciños que van a incrementar o recibo anual do lixo no rural, de 31,11 a 45,00 euros.

No seu día o BNG asegura que xa se opuxera a este incremento que agora o goberno do Partido Popular anuncia que vai pasar ao cobro, poñendo a exposición pública o padrón do ano 2008 coa intención de cargar os recibos de dous anos, co que as familias terían que facer frente a unha taxa de 90 euros.

Os nacionalistas tamén tachan a actuación do goberno local de “discriminatoria e incompetente, non garantiza que todos paguemos os mismos impostos” pois “o incremento só vai repercutir sobre os que sempre pagan, mentras hai centos de casos que nin pagan IBI nin figuran no padrón de taxas”.

O BNG, “diante da falla de información e da alarma social creada, solicita do goberno municipal a celebración dunha reunión con todos os colectivos sociais para tratar sobre a aplicación deste incremento nun momento de crise económica coma o actual, as deficiencias nos padróns municipais e o tratamento por igual de todas os veciños”. Os nacionalistas cren que non é momento de crear máis problemas nin maior crispación social.

Bolívar González, Portavoz Municipal do BNG, declarou “o que ten que facer o goberno municipal é tratar a todos os veciños por igual, evitar despilfarros e aplicar  un plan saneamento económico antes de realizar novos incrementos de taxas e impostos”.

Entry filed under: Ponteareas.

Chega a cuarta edición da Festa do Río en Salvaterra O alcalde de Ponteareas recibíu aos trinta neno saharauis que gozan das vacacións na vila do Corpus

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: