O BNG reclama a revisión e mellora da rede wifi para que poida ser utilizada por toda a veciñanza de Salvaterra

28/07/2009 at 13:20 Deixar un comentario

O responsable local do BNG en Salvaterra, Xosé Antonio Otero, reclama que o goberno municipal acometa as actuacións de revisión e mellora necesarias na rede wifi de acceso a internet para que este servizo poda ser utilizado por toda a veciñanza. O nacionalista critica que o equipo de goberno encabezado por Arturo Grandal non dea cumprimento ao seu anuncio de hai máis de dous anos segundo o que todos os veciños e veciñas das 17 parroquias de Salvaterra poderían dispoñer de servizo wifi dende principios de 2007.

“Tanto nesta cuestión do acceso rápido a internet como noutros temas, o equipo de goberno do Partido Popular incumpre sistematicamente os seus compromisos”, destaca Xosé Antonio Otero. Segundo explica o responsable do BNG, o goberno municipal de Salvaterra “malgastou miles de euros en agasallar antenas que non servían para nada, xa que finalmente cada usuario tivo que mercar antenas de entre 80 e 120 euros para poder conectarse”. Asemade, critica que en moitos casos só poden conectarse á rede wifi os veciños e veciñas que viven ao carón das antenas emisoras.

O nacionalista considera que esta “deixadez” é a actitude que caracteriza a traxectoria do goberno local dende o inicio do seu mandato. Así, lembra que hai numerosas actuacións pendentes ou “a medio desenvolver”, como son a mellora do transporte entre a vila e as parroquias de Salvaterra, a ineficacia na xestión da depuradora municipal, ou a falta de control dos vertidos de augas residuais como so que recentemente teñen aparecido nas parroquias de Leirado e Uma. “Non sabemos se o alcalde pensa levar a cabo estas melloras ou se as prometerá novamente nas vindeiras eleccións municipais”, sinalou Xosé Antonio Otero ao respecto.

Entry filed under: Salvaterra.

IV descenso de tarecos en Salvaterra de Miño Grandal asegura que mellorarán o servizo de internet gratuíto en Salvaterra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: