O Campus Pasos-Salvaterra remata as súas actividades cun éxito rotundo

28/07/2009 at 15:41 Deixar un comentario

A Escola de Baile Pasos rematou o Campus de Baile que levou a cabo durante cinco días, en colaboración co Concello de Salvaterra. A iniciativa contou coa presenza dun total de 50 persoas, a metade procedente do municipio de Salvaterra.

O campus Pasos-Salvaterra desenvolveuse de 10.00 da mañá a 10 da noite e tivo como base central das actividades o pavillón municipal, desenvolvéndose as demais na Casa da Cultura, no Parque da Canuda, no carreiro á illa da Fillaboa, entre outros lugares. Ademais, todas as tardes ás 8, no pavillón municipal, houbo un acto de portas abertas para todas as persoas que quixeron ver a exhibición que realizaban os integrantes do campus. Este campus contou coa participación de dúas parellas de campións de España, Fernando Lareo e Noelia Pintos (Júnior) e Patricia Martínez e Adrián Esperón (Absolutos Adultos).

O director da escola, Miguel Abreu, valorou positivamente esta experiencia e, por iso, adiantou que se repetirá a iniciativa. “Xa comezamos a traballar para o próximo ano a partir de agora porque a nosa idea é que o baile forme parte do municipio de Salvaterra”, de aí explícase a utilización de diversas instalacións nesta primeira edición.

No campus os participantes, a maioría (90%) tiña entre 22 e 24 anos, aprenderon pola mañá a mellorar a súa preparación física no Parque Público da Canuda, mentres que no pavillón municipal aprendían ata o mediodía novas técnicas de baile. Pola tarde, participaron en clases de psicoloxía deportiva onde, a través de xogos, axudóuselles a mellorar a concentración e confianza na parella. A pesar do ritmo intenso de actividades, “e de estar 12 horas diarias aquí”, recordou Abreu, “están todos moi contentos”, engadiu.

A tenente alcalde de Salvaterra e deputada autonómica do Partido Popular, Marta Valcárcel, destacou que o Concello colabora con esta actividade sobre todo porque “fomenta o baile, a comunicación e a convivencia entre as persoas”.

Os pais tamén manifestaron a súa “satisfacción” pola organización deste campus, apuntando algúns que “participan máis nenas que nenos e o ideal é que houbese a mesma proporción”. Outros sinalaron como “positivo” o feito de haber clases de psicoloxía e “que os nenos poidan compartir experiencias cos bailaríns profesionais”.

Entry filed under: Salvaterra.

Móstrate remata con máis de catrocentos espectadores diarios Ponteareas participou no ‘I Certame Nacional de Alfombras Florais’ en Castropol, Asturias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: