Ponteareas participou no ‘I Certame Nacional de Alfombras Florais’ en Castropol, Asturias

28/07/2009 at 15:43 Deixar un comentario

Preto de sesenta veciños e veciñas de Ponteareas participaron o pasado 25 e 26 de xullo no “I Certamen Nacional de Alfombras Florais” que se desenvolveu no concello asturiano de Castropol e ao que foi convidado o concello ponteareán por ser un dos grandes referentes a nivel estatal e o único que ten ás alfombras florais da Festa do Corpus Christi, declarada de Interese Turístico Internacional.
Unha vez na localidade asturiana, amais de todos os actos que co gallo deste encontro se realizaron, o Concello de Ponteareas, que estará representado polo alcalde, Salvador González Solla, e mailo concelleiro delegado de Cultura e Turismo, Andrés Sampedro Fernández, participaron no Congreso de Cidades Alfombristas Españolas.

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, amosaba a súa satisfacción pola invitación realizada polo Concello de Castropol que “vén a recoñecer a importancia que Ponteareas e as súas alfombras, teñen dentro do concerto estatal”. Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, salientaba que “do favorable recibimento que esta invitación tivo por parte dos alfombristas de Ponteareas, fala o feito de que ás poucas horas de organizarse a viaxe a Castropol, xa non había prazas valeiras”.

Entry filed under: Ponteareas.

O Campus Pasos-Salvaterra remata as súas actividades cun éxito rotundo A Federación de Municipios e Provincias crea a marca Vilas Termais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: