Primeiro curso de prevención de riscos laborais na Antena Cameral de Ponteareas

28/07/2009 at 15:32 Deixar un comentario

Reducir a siniestralidade no lugar do traballo, este é o principal obxectivo do curso básico en Prevención de Riscos Laborais que acaba de organizar a Cámara de Comercio que se imparte na antena cameral de Ponteareas. Esta á a primeira vez que a institución ofrece un seminario desta índole. Trátase pois dunha iniciativa pioneira coa que se pretende dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para detectar e evitar os principais riscos relacionados coa seguridade laboral.

O curso, de cincuenta horas de duración, consta de varias clases presenciais que terán lugar entre o 28 e o 30 de agosto no Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea. o seminario rematará o vindeiro doce de agosto xa que os alumnos recibirán tamén 38 horas de formación a distancia.

As clases son gratuítas e están dirixidas a traballadores de sectores tan diversos como hostelería, siderurxia, automoción, comercio, despachos ou transporte. Trátase de ensinar conceptos básicos sobre seguridade e saúde no posto de traballo, así como potenciar o uso de medidas preventivas e correctoras para a protección individual e colectiva.

Entry filed under: Ponteareas.

O alcalde de Ponteareas recibíu aos trinta neno saharauis que gozan das vacacións na vila do Corpus A concellería de Servizos Sociais do concello de Ponteareas informa do comezo da campaña de detección precoz de cancro de mama

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: