A Xunta inviste 1,3 millóns de euros na mellora da estrada As Neves-Salvaterra

05/08/2009 at 12:07 Deixar un comentario

A Xunta de Galicia vén de aprobar o decreto de utilidade pública e urxente ocupación dos bens afectados polas obras de urbanización e adaptación ao plan de intensidade media diaria (IMD) da estrada As Neves-Salvaterra.
Esta vía pertence á Rede secundaria de estradas da Xunta de Galicia. A lonxitude do tramo que se vai adaptar é de case 4 quilómetros metros e suporá un orzamento de máis 1,3 millóns de euros.
O proxecto, financiado pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, consiste na mellora integral da estrada ao seu paso polo concello das Neves. O seu acondicionamento suporá a construción de beirarrúas e aparcadoiros en determinados puntos. Nestes momentos, a vía carece incluso de beiravías e os cruzamentos de estradas teñen unha visibilidade que se debe mellorar, xa que xera riscos para os peóns  sobre todo á altura do colexio e a praza de abastos.
A execución das obras realizarase en dúas fases. Na primeira, no treito interurbano, farase unha renovación integral do piso, mentres que no treito urbano haberá beirarrúas dun metro oitenta a ambos os lados da calzada e unha zona de aparcadoiro. Tamén haberá unha rotonda de dous carrís, de catro metros cada un e dúas beiravías dun metro cada unha.
Para levar a cabo esta obra escavaránse 5.830 metros cúbicos de terra; empregaránse 396 toneladas de betume asfáltico e 7.950 toneladas de mestura bituminosa en quente e, ademais, colocarase unha nova sinalización tanto horizontal como vertical, o balizamento, as defensas e a drenaxe tanto lonxitudinal como transversal.
Esta adaptación dará servizo a máis de 17.480 habitantes.
A urxencia desta pretende evitar riscos innecesarios aos veciños das Neves que empregan esta vía tanto para accederen aos mencionados servizos como ás súas propias vivendas.

Entry filed under: As Neves.

O alcalde de Ponteareas solicita unha reunión co Xefe de Demarcación de Estradas de Galicia Aberta a inscrición para participar no Festival Internacional de Karaoke en Salvaterra de Miño

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: