Aberta a inscrición para participar no Festival Internacional de Karaoke en Salvaterra de Miño

05/08/2009 at 12:08 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Concellaría de Cultura coordinada pola tenente alcalde e deputada autonómica, Marta Valcárcel, informa de que continúa aberto o prazo para a inscrición á 7ª edición do ‘Festival Internacional de Karaoke’, que se celebrará os días 21 e 22 de agosto, no recinto das murallas. Este evento, organizado polo Concello, forma parte da programación do ‘Verán Cultural’.
O primeiro día, venres 21, ás 21.00 horas, comezo do ‘Festival Infantil de Karaoke’ e a continuación preselección para a 7ª edición do ‘Festival Internacional de Karaoke’. O segundo día, sábado 22, celebrarase a final dun festival que xa se converteu en referencia en toda a comarca Condado-Paradanta e arredores, a partir das 23.00 horas.
Desde a Concellaría de Cultura do Concello de Salvaterra animan a veciños e a todos os que queiran a participar no ‘Festival Internacional de Karaoke’. Para máis información e inscrición, chamar aos seguintes números: 986 658 684, 986 659 156 e 606 606 668.

Entry filed under: Salvaterra.

A Xunta inviste 1,3 millóns de euros na mellora da estrada As Neves-Salvaterra A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Covelo inaugura a ruta de sendeirismo ‘A Pedra do Lobo’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: