O BNG de Ponteareas propón invertir na eliminación dos vertidos ao río Tea

05/08/2009 at 12:00 Deixar un comentario

O BNG de Ponteareas recrimina ao PP rexeitar a moción do BNG para a recuperación integral do rio Tea e investir no seu saneamento.
“O goberno municipal do Partido Popular, ven de votar en contra da iniciativa do BNG, que plantexaba priorizar os investimentos dos plans locais de obras da Deputación, Xunta de Galiza e Goberno do Estado, en obras de saneamento, co obxectivo de eliminar os vertidos sen depurar ao Tea”.
Engade o BNG que “neste momento existen catro focos de contaminación do rio, no seu tramo cercano á vila, como así recoñeceu o propio Alcalde”, manifestou Xosé Represas, concelleiro do BNG que tomou posesión no día de onte e defendeu a moción nacionalista.
Os nacionalistas lamentan que o PP se negase a aprobar a realización inmediata, do proxecto de saneamento e recuperación integral do rio Tea, así como a coordinar coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil as obras de saneamento do río Tea e do regato da Venda.
Segundo Xosé Represas, “depurar as augas e recuperar o caudal do rio Tea, en óptimas condicións, é unha competencia exclusiva do concello e ten que ser tamén unha prioridade para Ponteareas”.
Os nacionalistas convidan aos veciños a comprobar as suas afirmacións sobre os vertidos, realizando un paseo pola beira do río, dende a ponte sobre a N-120 ata máis abaixo da depuradora, na Moscadeira.
Os nacionalistas agardan que o goberno municipal “recapacite e actue con responsabilidade para que Ponteareas non volva ser nova, negativamente, pola calidade das augas, con praias no río Tea non aptas para o baño”.

Entry filed under: Ponteareas.

Mondariz celebra a Festa dos Cesteiros e o Festival da Muiñeira O concello de Ponteareas recupera a área infantil de Guillade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: