43 edición da Festa-Feira do Xamón na Cañiza

06/08/2009 at 13:48 Deixar un comentario

O vindeiro venres 14 e sábado 15 A Cañiza celebra a 43 Festa-Feira do Xamón. O sábado ás 12:00 horas terá lugar o tradicional desfile de cabezudos acompañados pola banda de gaitas de Santa Cristina de Valeixe. Ás 19:00 horas na rúa do Carme haberá Festa Infantil e obradoiros. Pola noite verbena a cargo das orquestras Atlanta e Lamas.
O sábado día 15 ás 11:00 horas comezará a degustación de racións elaboradas con xamón. Ás 12:00 horas será o desfile da comitiva do xamón dende a casa consistorial á Praza Maior. Ás 13:00 horas será o discurso de benvida e a entrega de premios do concurso de narración e pintura nas categorías infantil e xuvenil.
Ás 13:30 horas actuará a banda de gaitas e o grupo de baile da Asociación Cultural e Deportiva Santa Cristina de Valeixe. Na sesión vermú actuará a orquestra Canela.
Dende as 17:00 horas actuará a charanga Os Chispas por toda a vila. Ás 18:00 horas comeza o torneo de fútbol Festa do Xamón no campo municipal do Vieiro. Ás 18:30 horas será o I Concerto de Música Medieval no Santuario da Franqueira a cargo do coro Campus Stellae. Xa ás 19:00 horas é o turno da Festa Infantil na rúa do Carme con xogos populares. A verbena chegará pola noite coas orquestras Canela e Alcotán.
Ás 02:00 horas actuará a cañicense Noelia Castillo.
O domingo día 23 haberá unha sardiñada na carballeira do Cacharado.

Ademais da música das orquestras e da grande sardiñada na carballeira do Cacharado os veciños da Cañiza poderán gozar dos días festivos da XLIII Festa-Feira do Xamón con algúns dos actos programados para o Verán Cultural.
Así o venres 14 ás 19:00 horas a rúa peoníl acollerá unha sesión de Tarde de Talleres.
O sábado día 15 ás 19:00 horas tamén na rúa peoníl será o turno dos xogos populares e xa o domingo día 16 ás 19:30 horas haberá unha cucaña infantil de xogos tradicionais na Prazo Maior organizada pola Asociación Cultural Aturuxo.
As actividades continúan o domingo día 16 coa actuación do grupo Os Festicultores a partires das 22:00 horas polas distintas rúas da vila.
O luns día 17 continúan as actividades culturais coa proxección do filme “Viaje al Centro de la Tierra” ás 22:30 horas.
O martes 18 proxectarase “Appalosa” na Praza Maior ás 22:30 horas e xa o mércores 19 a esta mesma hora o filme “Matrimonio Compulsivo”. O xoves día 20 proxectarase “Las vacaciones de Mr. Bean” e o venres 21 “Mamma Mía” ás 22:30 horas na Praza Maior.

Entry filed under: A cañiza.

O Club Deportivo Cultural Areas organiza a I Festa da Cervexa, Xurelo Asado e Sardiña en Ponteareas A Comunidade de Montes de Paraños, en Covelo, organiza unha marcha nocturna pola Peroxa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: