A Axencia de Sostibilidade de Covelo organiza un foro de enerxía e cambio climático

06/08/2009 at 13:27 Deixar un comentario

O Concello de Covelo -en colaboración coa Xunta de Galicia e coa empresa Idom- está a promover ao longo deste ano a participación cidadá no proceso de elaboración da Axenda 21 Local, a través da organización de diferentes actividades dirixidas á poboación.
Dentro destas inclúese o desenvolvemento de tres foros de sostibilidade que están integrados por charlas, exposicións e talleres. Por este motivo, na semana do 3 ao 9 de agosto ten lugar no Núcleo de Sostibilidade de Covelo o Foro das Enerxías e o Cambio Climático, que incluirá os seguintes eventos:
Exposición “A Pegada Ecolóxica” elaborada pola Federación Ecoloxista Galega  (FEG) e pola Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) que pretende dar a coñecer o concepto de Pegada Ecolóxica e incidir no elevado do seu valor no contexto galego. Esta exposición estará aberta e dirixida ao público en xeral, e será exposta no Auditorio de Covelo do 3 ao 9 de agosto, de  10 a 14 horas e de 16:30 a 19:00 horas.
Charla-Obradoiro a cargo de Bernardo Parajó, Director de FAIMEVI (Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo), a Fundación viguesa dedicada ao estudo da aplicación das enerxías alternativas. A actividade centrarase preferentemente na temática de aforro e eficiencia enerxética. A actividade terá lugar o día 7 de Agosto no Auditorio de Covelo de 12:00h a 13:30h e estará aberta a todos os públicos.

Entry filed under: Covelo.

O BNG de Mondariz reclama prazas na gardería infantil para os seus veciños Michel Salgado dille adeus ao Real Madrid

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: