Adenco anuncia alegacións ao Documento de Inicio do PXOM de Ponteareas

14/08/2009 at 10:10 Deixar un comentario

O Grupo Ecoloxista Adenco anuncia alegacións ao Documento de Inicio do PXOM de Ponteareas, que está en exposición pública desde o 10 de xullo na páxina web da Consellaría do Medio Ambiente. O prazo para facer alegacións ao proxecto rematou o luns 10 de agosto.

Desde o Grupo Ecoloxista Adenco denúnciase que ningunha das organizacións políticas do Concello de Ponteareas difundira esta información entre os veciños, para que puidesen coñecer o proxecto e, se o desexaren, presentasen alegacións.

“Criticamos especialmente ao Goberno Local e á Xunta, por abrir un período de alegacións en pleno período estival, case que con alevosía e nocturnidade, sen dárlle a máis mínima publicidade”.

Adenco indica que neste documento de inicio volve a facerse referencia a Plans e Programas xa moi contestados socialmente, como o Vigo Íntegra, o Plan Director de Estradas de Galicia e incluso se fai referencia ao Plan Galego de Vivenda Protexida, “que o propio goberno municipal rexeitou hai poucas semanas”.

Adenco incide en que a ordenación do territorio é unha cuestión básica en relación coa conservación do medio, pero indica que a participación pública na elaboración de plans e programas de destacada importancia para o futuro dunha comunidade, é fundamental.

O documento pode consultarse en http://aae.medioambiente.xunta.es/VerArquivo.do?idd=2701

Para calquera información adicional,
Anxo F. Saborido
Presidente do Grupo Ecoloxista Adenco
Teléfono de contacto 666.893.879

Entry filed under: Ponteareas.

A Comunidade de Usuarios de Tortoreos-Liñares, As Neves, cumpre 35 anos A concellería de tráfico e seguridade cidadá de Ponteareas presenta o proxecto do novo aparcadoiro para camións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: