O BNG advirte que o Concello ten pechada a Oficina de Información aos Consumidores(OMIC) hai máis de dous meses

14/08/2009 at 11:26 Deixar un comentario

O BNG de Ponteareas, a través da Viceportavoz Municipal Sandra Arauxo, lamenta que a Oficina de Información ao Consumidor (OMIC) permaneza pechada ao público dende hai máis de dous meses. Os nacionalistas lembran que esta oficina, está subvencionada dende hai dez anos pola Xunta de Galiza, a través do Instituto Galego de Consumo, oficina que presta un servizo de asesoramento as veciñas/os de Ponteareas.
Sandra Arauxo lamenta que despois de dez anos de funcionamento da OMIC, e cunha traxectoria de profesionalidade e de bo traballo realizado póla técnica que ocupa este posto, o goberno municipal impide que as veciñas e veciños de Ponteareas podan denunciar e solucionar os seus problemas ante a oficina de consumo municipal, tendo desatendido dito departamento de cara ao público.
“Ante a baixa por enfermidade da traballadora, o goberno municipal do PP non ocupa a súa praza, tal e como xa ten acontencido en outras ocasións por vacacións ou baixas do persoal, informa a nacionalista. Arauxo, advirte que nestes intres cando hai centos de queixas dos veciños/as polas facturas eléctricas entre outras cuestións, un servizo que presta asesoramento aos veciños/as non pode estar pechado”.
O BNG entende que ante esta situación, “o goberno municipal do PP non pode xustificar a non substitución da traballadora baseándose en problemas orzamentarios, dado que a diario están facendo novas contratacións e cubrindo prazas noutros servizos”.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG esixe ao goberno local que solucione os continuos problemas de vertidos e malos cheiros en distintas zonas de Salvaterra O alcalde de Salvaterra acusa ao portavoz do BNG de ‘confundir aos veciños’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: