O BNG esixe ao goberno local que solucione os continuos problemas de vertidos e malos cheiros en distintas zonas de Salvaterra

14/08/2009 at 11:04 Deixar un comentario

O portavoz do grupo municipal do BNG de Salvaterra, Gabriel Martínez, insta ao goberno local do Partido Popular a pór fin os reiterados problemas de vertidos e malos cheiros que existen en diversos barrios e parroquias da vila. O edil nacionalista explica que continúan os vertidos en diversos afluentes do río Mendo na parroquia de Leirado, nas depuradoras,  preto do parque da Canuda e no barrio de A Picada-Dextros, así como na parroquia de Uma e no río Caselas, que afectan aos veciños das parroquias de Cabreira, Arantei e Porto que causan problemas de salubridade á veciñanza “que é preciso solucionar urxentemente”.

“A existencia de vertidos e malos cheiros en diversas zonas de Salvaterra demostra a ineficacia do goberno de Arturo Grandal”, suliña Gabriel Martínez. Neste sentido, o responsable nacionalista lembra que xa no mes de abril o BNG denunciou ante o Seprona a existencia de vertidos reiterados en diversos afluentes do río Mendo, na parroquia de Leirado, procedentes das fosas de decantación do saneamento do Concello de As Neves. Ao respecto, o alcalde de Salvaterra expresou o seu compromiso de “revisar e eliminar os vertidos”, pero segundo Martínez “tal e como xa nos ten acostumados é un compromiso que aínda non cumpriu”, segundo indican os nacionalistas.

O portavoz do BNG en Salvaterra salienta, por outra banda, que as competencias sobre o saneamento corresponden ao goberno local “polo que o alcalde debe deixar de buscar escusas e poñerse a buscar solucións, que é o que realmente precisan os veciños e as veciñas”. Ao respecto, sinala que na depuradora de Salvaterra, ubicada preto do parque da Canuda non responde ás necesidades pola súa pouca capacidade, xa que continúan os vertidos ao río Miño e os conseguintes malos cheiros na zona. “A existencia de vertidos e fácil de comprobar, só é preciso achegarse á zona”, apunta o concelleiro nacionalista. Asemade, indica que este mesmo problema existe nas parroquias de Leirado, Cabreira, Arantei e Porto e no barrio de Dextros, onde os malos cheiros son continuados.

Respecto á parroquia de Uma, explica que os vertidos existentes causan conflitos entre a veciñanza, Neste sentido esixe ao goberno local que solucione este problema, dirixíndose aos concellos de As Neves e Ponteareas para instar conxuntamente á Xunta a instalar un colector para sanear o río Uma.

Gabriel Martínez, neste sentido, critica a falta de planificación por parte do equipo de goberno á hora de deseñar a rede de saneamento para a vila de Salvaterra. Ao seu xuízo, esta falta de planificación provoca “continuas inundacións, cheiros e atrancos na deficiente rede de saneamento como consecuencia das chuvias”. Así mesmo, plantea a cuestión de como se solucionarán estes problemas unha vez que se poña en marcha a nova rede de saneamento que se está a executar co Plan E.

Entry filed under: Salvaterra.

A Deputación recibe 45 plicas de empresas aspirantes a acometer as obras de rehabilitación do auditorio de Ponteareas O BNG advirte que o Concello ten pechada a Oficina de Información aos Consumidores(OMIC) hai máis de dous meses

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: