Adenco denuncia obras supostamente ‘sen licenza’ na Igrexa de Mondariz que atentan contra o patrimonio

22/08/2009 at 20:30 Deixar un comentario

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de pór en coñecemento da Consellaría de Cultura, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, do Concello de Mondariz e da Diócese Tui-Vigo a realización dunha serie de obras no entorno da Igrexa de Mondariz, o que supón un “novo atentado ao patrimonio ante a pasividade das diferentes Administracións”.

Segundo Adenco o promotor da obra pechou o adro da Igrexa a través da instalación de varios piares de pedra e barras de aceiro inoxidable, un espazo que no planeamento municipal figura como Zona Verde, de uso público por tanto, “sen licenza de ningún tipo, o que supón unha apropiación ou privatización indebida dun espazo público de titularidade municipal”.

Ademais, Adenco engade que “o atentado contra o espazo público culminouse coa realización de dúas perforacións no exterior da brazo norte da igrexa, coa finalidade de habilitar dous amarres permanentes para dous dos tubos de aceiro instalados. Este feito, innecesario e aberrante, constitúe un auténtico atentado contra o noso patrimonio cultural na medida en que se trata dunha obra irreversible que non poderá, nunca, recuperar o seu aspecto orixinal”.

Desde o Grupo Ecoloxista Adenco agardan que as diferentes administracións tomen urxentemente medidas no asunto, ao tempo que insisten en que  “chama poderosamente a atención que a Administración Local aínda non fixese nada, pois as obras realizáronse no centro da vila e a escasos metros da Casa do Concello. Ao tempo, lamentamos unha vez máis que o noso patrimonio, que debía ser obxecto de protección por parte de todos, sufra constantes agresións, algunhas, como neste caso, de xeito premeditado, onde o descoñecemento ou descuido non poden ser empregados como excusas”.

Adenco agarda que a legalidade se restitúa, “actuando o Concello en base ás prerrogativas que lle confire a lexislación vixente e non descartamos tomar outra serie de medidas nos inmediatos días”, explica Anxo Saborido, presidente do Grupo Ecoloxista Adenco.

Entry filed under: Mondariz.

Coti e Sondeseu no cincuenta aniversario das Festas do Viño de Salvaterra Arturo Grandal denunciado ante a Axencia de Protección de Datos segundo apunta Nós-Unidade Popular

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: