Arturo Grandal denunciado ante a Axencia de Protección de Datos segundo apunta Nós-Unidade Popular

22/08/2009 at 20:40 Deixar un comentario

A asemblea comarcal de Nós-Unidade Popular do Condado, asegura que no día 13 de agosto enviou unha denuncia contra Arturo Grandal Vaqueiro por un suposto “delito de vulneración da confidencialidade referente á protección de datos personais”.

A actual denuncia deriva do seguinte caso: “Arturo Grandal montara en cólera cando denunciamos o seu estilo cacique no tratamento dado a unha veciña que tiña solicitado unha copia dos orzamentos municipais para o ano 2009. O seu malestar agrabouse aínda máis cando noutra folla informamos desa actitude ordenando retirar as follas informativas chamando personalmente ao responsable comarcal e un coñecido afiliado da nosa organización en Salvaterra”.

Continúa Nós-Unidade Popular relatando que “a súa seguinte reacción foi propia dun cativo e non da que correspondería a un alcalde dun concello como Salvaterra. Nunha folla encabezada así: Arturo Grandal alcalde informa co logotipo do concello na marxe esquerda citaba con nome e apelidos a veciña solicitante da copia dos orzamentos. A nomeada folla foi colocada por Salvaterra de Miño á beira das que había da nosa organización”.

Dende NÓS-Unidade Popular recordan a Arturo Grandal que “os trámites cursados na cámara municipal non deben transcender o ámbito estritamente administrativo, do que subxace a non vulneración da confidencialidade referente à protección de datos personais”.

“Vai chegando a hora de que Arturo e a sua equipa abandonem o poder em Salvaterra, mas ao tempo é necessário que umha força de esquerda, combativa e transformadora como a nossa conte com representaçom na cámara municipal. Hoje o que há aí dentro, no fundo, é mais ou menos a mesma cousa”.

Entry filed under: Salvaterra.

Adenco denuncia obras supostamente ‘sen licenza’ na Igrexa de Mondariz que atentan contra o patrimonio O PSOE da Cañiza solicita un pleno extraordinario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: