O PSOE da Cañiza solicita un pleno extraordinario

22/08/2009 at 20:46 Deixar un comentario

Desde a comisión executiva municipal da agrupación socialista de A Cañiza informan que solicitaron a convocatoria dun pleno extraordinario, que terá que celebrarse antes de 15 días habeis, no que se traten os seguintes puntos de orde do día:

1.- Explicación das declaracións do señor Alcalde do Partido Popular na entrevista do especial das festas do xamón nun medio de comunicación publicadas o pasado 14 de agosto de 2009.

Con motivo das festas do xamón o concello de A Cañiza promove a publicación de especiais na prensa escrita para a súa promoción, algo habitual nos festexos máis importantes nos distintos concellos da nosa provincia e en Galicia.

“O noso grupo pide explicacións sobre o uso dos cartos públicos para facer declaracións, por parte de César Mera, dun corte exclusivamente de batalla política e criticando duramente o partido opositor, en vez de falar e promocionar a vila de A Cañiza e as súas festas. O rexedor de A Cañiza, con 33 anos de poder, actúa cos cartos públicos do Concello de A Cañiza coa mesma lixeireza como se fosen do seu partido ou do seu bolso, para facer unhas declaracións movidas polo “rancor e o seu egocentrismo.”

2.- Rendición por parte do equipo de goberno do Partido Popular das contas do Concello de A Cañiza dos anos 2006 e 2007.

“Recentemente o noso Concello foi noticia nos medios de comunicación por ser un municipio que non presentou no Concello de Contas de Galicia as contas correspondentes aos exercicios do ano 2006 e 2007, incumprindo gravemente a normativa e os prazos da mesma. Contas nas que o día de hoxe aínda non se iniciou a súa tramitación para a súa rendición no propio Concello. Inaudito é o feito de que o empregado municipal responsable da materia económica e coa categoría de auxiliar administrativo cobre 43.000,00 € brutos neste ano 2009 (7.154.598 ptas.); feito que o señor César Mera aínda non deu as oportunas explicacións públicas e, unha vez mais, desde o PSdeG-PSOE llas esiximos”, explica Saba González, voceira da comisión executiva do PSdeG-PSOE da Cañiza.

3.- Roupa de traballo, prima de produtividade e criterio de reparto,  fondo social dos anos 2008 e 2009, e local e medios sindicais dos empregados do Concello de A Cañiza.

Segundo o PSOE local “o equipo de goberno do Partido Popular esta incumprindo o convenio e a normativa laboral dos empregados do Concello en relación a cuestións como a roupa de traballo, fondo social, e local e medios sindicais. Así como quixeramos coñecer os criterios utilizados polo señor Alcalde para o reparto da prima de produtividade.Os 33 anos o fronte do goberno municipal de César Mera o levan a tratar o Concello como o seu eido particular, onde se confunde o persoal e o partido co institucional, facendo e desfacendo sen respectar a legalidade e os dereitos dos traballadores municipais. O Concello debe ser unha administración democrática de tódolos cañicenses e o seu servizo”.

4.- É último punto, Xornada de verán, entrega de nóminas, consolidación do emprego pactado cos sindicatos do ano 2008 e do 2009 dos empregados do Concello de A Cañiza.

“Por outra parte, o equipo de goberno que preside César Mera está incumprindo o convenio e a normativa laboral dos empregados do Concello en relación a cuestións como a xornada de verán, entrega de nóminas e a consolidación do emprego pactado cos sindicatos do ano 2008 e do 2009”.

O PSdeG-PSOE de A Cañiza considera estes puntos de actualidade e de suficiente importancia coma para seren estudados e someter o equipo de goberno presidido por César Mera a un debate e demandar as oportunas explicacións a través dun pleno extraordinario.

Entry filed under: A cañiza.

Arturo Grandal denunciado ante a Axencia de Protección de Datos segundo apunta Nós-Unidade Popular A Assembleia de Mulheres do Condado presenta unha nova edición do Certame Literário Feminista

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: