Ribadetea, en Ponteareas, contará cun novo depósito de auga potable

22/08/2009 at 21:04 Deixar un comentario

O goberno local incluíu no Proxecto Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural 2009, “P.E.I.M RURAL 2009”, que desenvolve a Consellería de Medio Rural, a obra de construción dun depósito de auga potable na parroquia de Ribadetea cun orzamento de 89.978 euros.
Para a realización deste investimento, o goberno local aprobou o pasado luns na última sesión da Xunta de Goberno os requirimentos plantexados pola Consellería, como son os compromisos para a posta a disposición dos terreos, asumir as obras e o mantemento e conservación posterior, etc….
Esta obra consiste na construción dun depósito para auga potable con capacidade para 400.000 litros, e de dúas casetas anexas para almacenar accesorios, arquetas, tubarias, etc.  e será construído no monte comunal existente no barrio de Viñavella.
Coa construción deste depósito darase solución aos problemas existentes na actualidade no abastecemento de auga potable nesta parroquia. O goberno local cumpre deste xeito o compromiso acadado cos colectivos sociais da parroquia que habían solicitado a construcción desta infraestructura.
Este novo depósito de auga potable ven a sumarse aos xa realizados nos últimos anos nas parroquias de Padróns, Cumiar, Arnoso, Xinzo, Guillade, Prado, etc. o que amosa a disposición e compromiso do goberno local na construcción destas infraestructuras básicas que melloran a calidade de vida de tódolos veciños.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG de Ponteareas califica de ‘penosa’ a programación cultural do verán 2009 O BNG de Salvaterra reclama melloras na sinalización da rúa Rosalía de Castro para garantir a seguridade dos peóns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: