Comezan dous novos cursos de formación no CDL en Ponteareas

28/08/2009 at 11:39 Deixar un comentario

O día 26 de agosto tivo lugar no Centro de Desenvolvemento Local a inauguración oficial de dous novos cursos de formación, o de Traballador Forestal, con un total de 365 horas lectivas e o de Vendedor Técnico, con un total de 450 horas lectivas. A inauguración foi presidida polo alcalde, don Salvador González Solla e pola Concelleira de Emprego e Desenvolvemento Local, Dona Rosemary Rodríguez Ogando, que manifestaron que con  este tipo de formación o Concello pretende a inserción laboral cara a reincorporación ao mercado de traballo dos 30 alumnos/as destes cursos.  Tamén o alcalde animou aos alumnos a aproveitar os cursos coa finalidade de que cando rematen; estes poidan acceder aos correspondentes postos de traballo unha vez adquiran e superen  a formación ofertada neste cursos.
Ademais, nas próximas semanas comezarán dous novos cursos: Técnico de Redes Cisco-Ccna ( 350 horas lectivas) e Informática Básica (100 horas lectivas). Estes cursos impartiranse no Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas.

Advertisements

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , .

Esquerda Unida tilda de ‘chapuza’ a obra do novo IES en Ponteareas Rosario Palacios expón na biblioteca pública de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


%d bloggers like this: