O BNG do Condado, manifesta o seu apoio á manifestación convocada pola asociación que agrupa aos afectados polo proceso

03/09/2009 at 11:23 Deixar un comentario

O BNG do Condado, manifesta o seu apoio á manifestación convocada pola asociación que agrupa aos  afectados polo proceso expropiatorio do Porto Seco na que reclamarán o pago dos dereitos mineiros. O Bloque anuncia a presencia na marcha convocada de representantes  dos grupos municipais do BNG de Salvaterra e As Neves, así como do responsable da organización  nacionalista na comarca do Condado.
O responsable comarcal Francisco Chivite, destaca a coherencia da organización nacionalista que defendeu sempre os dereitos  dos veciños afectados pola expropiación ao tempo que mantivo unha postura de apoio á PLISAN, recoñecéndolle á construción deste asentamento industrial unha importancia estratéxica para o desenvolvemento económico do sur de Galiza.
O BNG lembra que foi  no ano 2005 coa súa chegada á Xunta e, con elo á asunción polos nacionalistas da responsabilidade de xestionar o proceso expropiatorio, cando se produce o pago dos terreos aos propietarios, pondo fín a un lento e confuso  proceso expropiatorio xestionado ata daquela polo PP, un proceso  plagado de erros e desacordos.  Foi baixo a responsabilidade da conselleira nacionalista Teresa Táboas cando se deu o principal avance na execución das obras de implantación da plataforma loxística e, que foi grazas ao impulso dado pola actuación dos nacionalistas no goberno bipartito que  o Consello da Xunta aprobou o convenio cuxa execución  reclaman agora os veciños afectados e que permitirá o pago dos seus dereitos mineiros. Convenio que debe adquirir vixencia unha vez asinado pola “Autoridade Portuaria” dependente do PP e polos responsables de “Zona Franca” dependentes do PSOE. Convenio, por outra banda, plenamente legal por terse tramitado en tempo e forma, contando con todos os informes xurídicos favorables da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galiza, emitidos unha vez que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ditase sentenzas favorables ao pago dos dereitos mineiros, reclamados polos afectados fronte á negativa expresada con anterioridade polo goberno Fraga e concretamente pola consellaría presidida daquela polo sr Núñez Feijóo.
Por último Chivite informou que nos primeiros días de agosto o BNG presentou no Parlamento Galego un paquete de iniciativas sobre a PLISAN  que deberán tratarse no reinicio das sesión do Parlamento,  e nas que  instan á Xunta á execución do convenio.

Entry filed under: As Neves, Salvaterra. Tags: , .

Mondariz repartirá 1.800 racións na VII Festa da Pata de porco e Polbo á Feira O escultor Toño Montero expón no Centro Comarcal Paradanta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: