Adenco denuncia un atentado contra a igrexa de Mondariz

04/09/2009 at 10:52 Deixar un comentario

igrexa_mondarizO Grupo Ecoloxista ADENCO puxo en coñecemento da Consellaría de Cultura, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, do Concello de Mondariz e da Diócese Tui-Vigo a realización dunha serie de obras no entorno da Igrexa de Mondariz, que para esta organización “supón un novo atentado ao noso patrimonio ante a pasividade das diferentes Administracións”.

Os feitos
O promotor da obra pechou o adro da Igrexa a través da instalación de varios piares de pedra e barras de aceiro inoxidable, un espazo que no planeamento municipal, afirman os ecoloxistas,  figura como Zona Verde, “de uso público por tanto, sen licenza de ningún tipo, o que supón unha apropiación ou privatización indebida dun espazo público de titularidade municipal”, aclara Anxo F. Saborido, o seu presidente.
A desfeita é maior nun dos muros da igrexa, o brazo norte, onde se realizaron dúas perforacións coa finalidade de habilitar dous amarres permanentes para dous dos tubos de aceiro instalados. “Este feito, innecesario e aberrante, constitúe un auténtico atentado contra o noso patrimonio cultural”, afirman dende ADENCO, “na medida en que se trata dunha obra irreversible que non poderá, nunca, recuperar o seu aspecto orixinal”.
Desde o Grupo Ecoloxista Adenco esperan que as diferentes Administracións tomen urxentemente medidas no asunto.

Entry filed under: Mondariz. Tags: , , .

O escultor Toño Montero expón no Centro Comarcal Paradanta A Residencia da 3ª Idade “San Pedro”- Crecente conmemorou a todos os seus residentes e en especial aos que levan máis de 10 anos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: