O escultor Toño Montero expón no Centro Comarcal Paradanta

04/09/2009 at 10:30 Deixar un comentario

Exposición Toño Montero

Exposición Toño Montero

O escultor Toño Montero expón no Centro Comarcal Paradanta ata o 30 de setembro. O escultor, nacido en Lobios, Ourense, é autodidacta e logra construir “unha obra orixinal, plena de forza, beleza e ás veces grandiosidade, facendo un crisol dos movementos ou tendencias plásticas máis importantes do mundo contemporáneo das que ningún artista logra escapar”.

A súa escultura é unha mestura do cubismo coa linguaxe expresionista e con certas pinceladas oníricas do surrealismo. Maíta Rodríguez continúa describindo así a súa obra: “podendo sorprender ecos de Archipenko no ensamblamento de xeometrías arbitrarias, a continuidade espacial de Boccioni, as formas pulidas, puras e traballadas de Brancusi, as deformacións nas xesticulacións xeometrizadas de Zadkine, a monumentalidade arquitectónica e a unión elocuente de ocos e baleiros de Moore e a configuración simplificada do propio Gargallo que xoga co espazo, a masa e as arestas fornecéndoas dunha forza inusual”.

Serán as verbas do propio artista as que mellor definan o por que desta exposición:
“Máis alá de onde se perden os tempos, entre frondosas fragas, fermosos vales e impresionantes montañas viviron as tribos dos Coelernos, Cilenos, Caporos, Arronios, Nerios, Guigurros, Aidones, Tiburos e outras tantas espalladas polas numerosas lombeiras da nosa xeografía.
Segundo Ptolomeo, Estrabón, Plinio, Trileuco e mesmo Avieno, estes historiadores, mercaderes e cartógrafos así nomeaban a estas tribos; e nos seus textos dicían que eran os habitantes de chozas, castros ou citanias do noroeste peninsular.
Transformando estas antergas tribos en Druídas, Fadas,Trasnos, Musas, Deuses, entre outros seres da nosa cultura mitolóxica, compuxen TERRAS DE OESTRIMNIA. E así poder mergullarvos neste mundo máxico e onírico onde estas ancestrais tribos conviviron no pasado, poñéndolle un pouquiño de imaxinación para poder transportalas ao noso mundo moderno”. Esta exposición poderase disfrutar en VARIOS CENTROS COMARCAIS DE GALICIA (PDF), ADAPTADA O SÚA OBRA A CADA COMARCA.

TERRA DE PARADANTA:
“Gustaríame que deixásedes voar a vosa imaxinación e por un momento puidésedes escoitar os enxordecedores cornos mesturados con eses gritos de guerra que utilizaban a Tribo dos Cilenos para espantar as bestas xuntándoas nos redís para o seu sacrificio ou a doma para os enfrontamentos guerreiros e a defensa das Citanias das Achas, Loureiro, Rodeiras, Garellás entre outra,s espalladas polas Serras de Monte Pedroso ata o Val das Neves e de Mondariz.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. Tags: , .

O BNG do Condado, manifesta o seu apoio á manifestación convocada pola asociación que agrupa aos afectados polo proceso Adenco denuncia un atentado contra a igrexa de Mondariz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: