Ponteareas acolle o seu XLII Concurso de Gaitas

07/09/2009 at 11:48 Deixar un comentario

Celebrarase en Ponteareas os días 19 e 20 de setembro de 2009, e nel poderán participar  tódolos grupos de gaitas tanto de Galicia coma dos Centros Galegos de España e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional.
As solicitudes de inscrición no modelo que facilita o departamento de cultura municipal dirixiranse ó rexistro de entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas. Serán gratuítas e poderán enviarse ata o día 12 de setembro de 2009. Cada un dos grupos participantes ten que proporcionar coa inscrición o enderezo e número de teléfono segundo modelo de inscrición que se lle facilita.
A orde de participación no concurso será inverso á da inscrición. Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril ; a organización non admitie máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional completo.
No suposto de que o número de grupos inscritos sexa inferior a quince, poderase celebrar o concurso en xornada única o domingo, e os grupos participantes percibirán unicamente as dietas correspondentes a semifinal. Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo.
No suposto de contar con máis de quince grupos, estes estarán diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas ás 17.00 h. da tarde do sábado día 19 de setembro para comprobar a súa inscrición; de seguido percorrerán as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Centro Artístico Sportivo, onde ás 18.00 h. da tarde terá lugar a fase eliminatoria do concurso.
Nesta fase tocarán dúas pezas de libre elección. O tempo total de ámbalas dúas pezas será como máximo de 8 minutos.
O veredicto do xurado cos dez grupos que se clasifican para a final darase a coñecer ó remate da fase eliminatoria. Así mesmo, ó remate da mesma levarase a cabo o sorteo para determinar a orde de participación na final do concurso. Estes dez grupos clasificados para a fase final tocarán dúas pezas na rúa o sábado unha vez rematado o concurso.
Os dez grupos clasificados para a final estarán ás 10,45 h. da mañá do domingo día 20 de setembro de 2009, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Centro Artístico Sportivo, onde a partir das 11.30 h. da mañá, terá lugar a final do XLII Concurso de Gaitas. Nesta fase final serán interpretadas dúas pezas de libre elección que, como as interpretadas na fase eliminatoria, serán de raíz melódica galega. Igualmente en ámbalas fases non se admitirá interpretación de suites nin de popurrís. O tempo total de ámbalas dúas pezas será como máximo de 8 minutos.
O Xurado valorará a interpretación de pezas distintas ás tocadas na fase eliminatoria.
Permítese a afinación dos instrumentos musicais no escenario, e o Xurado é competente para declarar algún dos premios desertos.
Para recoller o premio deberán subir ó escenario tódolos compoñentes de cada un dos grupos clasificados nos catro primeiros postos, debendo vestir o traxe tradicional completo.
A comisión organizadora aboará a tódolos grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 100,00 euros, cantidade que se destinará a sufragar os gastos de desprazamento.Os seis grupos seleccionados polo xurado para a final, quen non obteña premio, percibirá 50 euros máis en concepto de participación na final.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , .

O BNG de Ponteareas insta ao Alcalde a convocar a Comisión de seguimento do Parque empresarial Val do Tea Ribadetea, en Ponteareas, contará cun novo depósito de auga potable

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: