Aberto o prazo de inscrición para o plan ‘Madruga’ nos centros escolares de Ponteareas

08/09/2009 at 09:27 Deixar un comentario

A Concellería de Educación do Concello de Ponteareas, que dirixe José Iglesias Fernández, porá en marcha nos tres colexios públicos ponteareáns e por terceiro ano consecutivo, o denominado “Plan Madruga” que ten como obxectivo básico permitir a conciliación da vida laboral coa familiar.
O “Plan Madruga” permitirá que nas unidades familiares nas que traballen ámbolos dous cónxuxes e con nenos e nenas escolarizados en calquera dos tres colexios públicos de Ponteareas (Nosa Señora dos Remedios, Fermín Bouza Brey e Ramiro Sabell Mosquera), poidan deixalos nos respectivos centros escolares dende as 07.30 horas ata o comezo das clases. Durante este tempo, os rapaces e rapazas estarán atendidos por persoal cualificado do concello de Ponteareas participando en xogos e actividades de dinamización.
O “Plan Madruga” púxose en marcha, de xeito experimental, hai tres anos no colexio Fermín Bouza Brey nunha iniciativa conxunta das concellerías de Servizos Sociais e Educación dirixidas, daquela, por María Nava Castro Domínguez e Juan Carlos González Carrera.
Esta medida, permitía unha mellor conciliación da vida laboral coa familiar e daba unha resposta eficaz a moitas familias nas que ámbolos dous cónxuxes comezaban a traballar antes da apertura dos centros escolares, o que supuña un problema á hora buscar alguén que se fixera cargo dos nenos e nenas ata o comezo das clases.
Os interesados e interesadas en inscribirse neste programa ou en solicitar máis información, poden dirixirse ao Departamento de Educación do Concello de Ponteareas, situado na planta baixa do Centro Social da Rúa Oriente ou tamén chamar ao teléfono 986 64 00 00.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , .

Os bombeiros do Consorcio Provincial piden a titularidade pública da xestión Cruz Vermella Ponteareas organiza un curso de primeiros auxilios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: