O BNG de Ponteareas responsabiliza ao PP dos problemas do novo IES

08/09/2009 at 09:55 Deixar un comentario

O BNG de Ponteareas responsabiliza ao Alcalde e ao PP dos problemas do novo IES pola súa “incapacidade para aprobar o PXOM e cumprir os compromisos vinculados á cesión dos terreos”.
O BNG critica a actuación do Alcalde e do goberno municipal do PP en todo o proceso do novo IES.
“Primeiro coa sua actuación irresponsable retrasando a posta a disposición dos terreos e agora, tres anos despois, por incumprir os compromisos vinculados coa cesión dos terreos”.
Os nacionalistas recordan que no 2006, o Concello adquiríu o compromiso de aprobar o PXOM, contemplando nel a construción dun novo vial paralelo á N-120, na zona do Barral, que dese acceso ao novo Instituto.
“O Goberno Municipal comprometeuse neste sentido diante da Comisión Superior de Urbanismo de Galiza e da Consellaría de Educación. A Comisión Superior de Urbanismo de Galiza trasladaballe ao Concello que, para evitar riscos e garantir a seguridade das persoas, tíñanse que adoptar as medidas necesarias para impedir o aceso directo ao novo IES dende a N-120, salvo situacións excepcionais de emerxencia”.
Bolívar  González, Portavoz Municipal do BNG, tamén recordou a situación de masificación do ensino en Ponteareas que movilizou a comunidade educativa do Instittuo Pedra de Auga: “Si temos novo IES foi grazas a movilización no seu día de alumn@s e ANPA do Pedra de Auga. Agora, unha vez máis, a deixadez do PP obriga de novo aos pais a movilizarse para que o Alcalde e o goberno do Partido Popular cumpran as suas obrigas co novo Instituto”.
Os nacionalistas tamén destacan a aposta polo investimento no ensino realizada polo anterior Goberno Galego.
“Aínda que con retraso polos atrancos do PP na posta a disposición dos terreos, finalmente Ponteareas vai contar despois de tantos anos cunha nova dotación educativa nas mellores condicións. Esperamos que o actual goberno da Xunta continue co mesmo esforzo de investimento para as novas instalacións educativas que Ponteareas precisa”, declarou Bolívar González, quen recordou a necesidade dun novo Centro de Primaria para resolver a masificación nesta etapa educativa.
Engaden os nacionalistas que en maio o Pleno da Corporación aprobou por unanimidade unha moción do BNG neste sentido.
Polo incremento de poboación dos últimos anos, Ponteareas conta na actualidade, cun crecemento de máis de 300 nenos de Primaria que hai sete anos. O BNG espera que no ensino, “o PP non tome decisións que signifiquen unha marxinación e unha paralización de investimentos en Ponteareas, como ven sucedendo nos últimos 4 meses noutras áreas de goberno da Xunta, como o Parque Empresarial ou o Plan de Vivenda Protexida do Paseo Matutino que veñen de botar abaixo”.

Entry filed under: Ponteareas.

Ponteareas clausurou o campamento infantil de verán Proba de esforzos no camiño ao Santuario da Franqueira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: