A Deputación de Pontevedra constituirá unha Asesoría Enerxética

11/09/2009 at 10:46 Deixar un comentario

A Deputación de Pontevedra constituirá unha Asesoría Enerxética e promoverá a xestión integral da enerxía en tódolos concellos da provincia que se adhiran á iniciativa da institución provincial.Esta iniciativa plasmárase previsiblemente nun convenio dos concellos coa Deputación para contratar a enerxía eléctrica dos edificios e servizos municipais a un mesmo proveedor e baixo un único contrato que será licitado a través do organismo provincial. Esta medida, a consecuencia da economía de escala, posibilitará un aforro da tarifa eléctrica dos concellos da provincia e da propia Deputación entre un 25 e un 30% dos costes actuais.

As anteditas medidas foron acordadas nunha xuntanza que tivo lugar no Pazo Provincial e na que participaron alcaldes da provincia, responsables da Deputación e o director do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Eliseo Diéguez.

Según explicou Rafael Louzán, a principios do vindeiro ano 2010 os concellos que se adhiran á iniciativa da Deputación xa poderán dispór de enerxía eléctrica mediante o novo sistema de contratación.

A Asesoría Enerxética da Deputación revisará as facturas de cada concello _que agora son pagadas según indica a proveedora_, elaborará proxectos tipo de instalación, realizará xestión dos stocks de material, unificará equipos e lámparas, promoverá novos proxectos de enerxías renovables e acudirá a proxectos e plans da UE no eido da enerxía.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. Tags: , , .

A FANPA advirte que o novo IES de Ponteareas non se abrirá no curso escolar 2009-2010 Programa de festas de Ponteareas para esta fin de semana

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: