A Federación Ecoloxista Galega lamenta que os Ancares e o Courel non sexan Parque Natural

11/09/2009 at 09:43 Deixar un comentario

A Federación Ecoloxista Galega lamenta a decisión do Conselleiro de Medio Rural que “supedita o Parque Natural dos Ancares ao que digan os veciñ@os que se opoñen radicalmente ao mesmo”.
A FEG explica que “sabemos que os veciños son unha importante e moi respectable parte do problema, e que merecen unha estrita atención ante a súas preocupacións fronte o Parque, pero tamén levantamos a voz de tod@s aquel@s galeg@s (seguramente a maioría) que non entenden que as dúas xoias do medio natural galego non gocen do recoñecemento coma Parques Naturais”.
Para a FEG en materia de medio ambiente Galicia será unha autonomía de segunda mentres non recoñeza O Courel e Os Ancares coma Parques Naturais.

“Criticamos que o que non pode pretender a Xunta é contar cun Parque Natural dos Ancares chegando ante @s veciñ@s cos brazos baleiros e simplemente “teorizando” sobre as bondades do mesmo. Vemos que existe unha gran torpeza por parte da Administración na maneira de despregar a súa estratexia para a consecución do Parque, coa promoción de anuncios institucionais e xuntanzas sen coordinación no tempo e asentadas en importantes carencias de deseño de proxecto e financiamento. Non se ofrece un modelo de Parque preciso, ben explicado e cun detalle do financiamento, da recuperación e xeración de beneficios, do traballo que supón, ademais de moitas sesións e reunións con representantes e propietarios. Por iso, a xente está moi farta e, con este panorama, dende a FEG até vemos comprensíbel a actitude destes veciñ@s”.
Ademais, a Federación Ecoloxista Galega engade que “analizando a situación histórica deste problema vemos que o que está a fallar en Ancares, e tamén no Courel, é que falta un traballo previo de información e concienciación detallada sobre o que significa esta figura. Un Parque non se fai da noite para a mañá, sendo necesario un previo esforzo inversor (dotado economicamente) que permita ir implantando e superando etapas que faciliten o cambio de percepción entre o conxunto da poboación e a predispoña a asimilar favorablemente as implicacións do que supón un Parque Natural”.

Aínda así, a FEG insiste en que se está a observar “un importante cambio de tendencia na poboación do Courel, cada vez máis identificada coa posibilidade do Parque, grazas ao exclusivo mérito na mobilización de colectivos locais do Courel ilusionados no que entenden coma última oportunidade para estas montañas, e que co seu traballo melloraron substancialmente os canais de transmisión de información sobre as vantaxes do Parque entre a poboación local. A Xunta debería tomar nota desta circunstancia, reforzando no Courel todo este traballo e impulsando e profesionalizando (con nov@s do lugar formados para tal fin que despois se poderían reciclar coma persoal do Parque) en Ancares estes mecanismos, coa finalidade de poñer a estes dous espazos naturais no lugar de protección que deberían ocupar dende fai moitos anos”.

Así mesmo, os ecoloxistas manifestan que “a situación da posíbel declaración para Ancares leva enquistada moitos anos, e xa son horas para que a Xunta de Galicia analice o por qué desta situación. Tal vez o problema non estea tanto n@s veciñ@s, senón na propia actitude da Administración, pois esta non pasa da escenificación do que á vista resulta un laxo interese e escasa vontade, exemplificado na constante falla de entusiasmo e ilusión das propias declaracións dos representantes da Xunta cada vez que se choca con este problema, e así dificilmente se poderá ilusionar aos veciñ@s reticentes a esta figura”.

Para a FEG “o Conselleiro de Rural incide nas mesmas carencias que os anteriores gobernos, e as súas declaracións non fan máis que avivar a confusión e rexeitamento fronte o Parque. Tamén hai que indicar que non todos @s veciñ@s de Ancares se opoñen, e que a Administración terá que ter en conta a opinión do resto da sociedade galega, en particular a de especialistas e Universidades, e tamén debe exercer a súa obriga de responsabilidade administrativa na tutela e preservación do patrimonio natural, e non dar carpetazo porque algúns veciñ@s non queren”.

A FEG estima que para poñer en marcha o Parque Natural de Ancares sería necesario unha inversión específica inicial duns 10 millóns de euros. “O Parque de Somiedo consume  8 anuais, unhas 4-5 veces máis do que a Xunta invirte para o resto de Parques Naturais de Galicia anualmente, e despois unha inxección anual de máis de 5 millóns, para construír un parque natural con garantías, sólido e exemplar, como alternativa e revulsivo social e económico para “rexuvenecer” as posibilidades que deparan esta serra. Con cifras algo semellantes para O Courel. Habería que preguntarlles aos veciñ@s  cal sería a súa opinión se a Xunta chegara con estes números, presentando as posibilidades de inversión e tipo de actuacións a realizar e como reverterían sobre a poboación local”.

Dende a FEG animan aos veciñ@s de Ancares e Courel que esixan á Xunta información perfectamente detallada sobre estas inversións multimillonarias necesarias para poñer andar un parque natural,  como se investirían, modo de reparto no tempo, beneficios económicos a xerar, posibilidades de dinamización de servizos e en definitiva, como xerar un modelo diferenciado de xestión con respecto a outros territorios aproveitando a vantaxe de ter unha riqueza e patrimonio natural escaso e que outros lamentablemente xa non teñen.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. Tags: , , , .

Proba de esforzos no camiño ao Santuario da Franqueira O concello de Ponteareas ofrece un curso de informática básica para mulleres

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: