O Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas convoca accións formativas dirixidas a desempregados

11/09/2009 at 10:03 Deixar un comentario

O Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas porá en marcha dúas accións formativas ao abeiro dos Cursos AFD 2009, que buscan mellorar a capacitación profesional das persoas en situación de desemprego.
Os cursos convocados son os de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio cunha duración de 510 horas lectivas e Técnico/a de Redes CISCO-CCNA cun total de 350 horas lectivas.
As persoas interesadas en participar en calquera destas dúas accións formativas, que comezarán en breve, deberán pasar previamente pola oficina de emprego de Ponteareas.
A Concelleira de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas, Rosemary Rodríguez Ogando, salientou o feito de que estes cursos forman parte das iniciativas que dende o concello ponteareán se están a desenvolver “de cara a permitir que os veciños e veciñas poidan acadar os coñecementos precisos, en materias de alta demanda laboral, que faciliten a súa inserción no mercado do traballo”.

Advertisements

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , .

Nogueira e Cristiñade, en Ponteareas, contan con novo alumeado A FANPA advirte que o novo IES de Ponteareas non se abrirá no curso escolar 2009-2010

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


%d bloggers like this: