O grupo canario Chajoigo actúa en Ponteareas

11/09/2009 at 12:18 Deixar un comentario

chajoigo-03A agrupación folclórica chajoijo de Barronco Hondo de Candelaria (Tenerife) foi convidada pola Deputación de Pontevedra ao festival folclórico de Ponteareas, onde compartirá escenario con outros grupos.
Corenta dos compoñentes deste colectivo, que se fundou no 1992, percorrerán distintas localidades da provincia de Pontevedra, este domingo ás seis da tarde actuarán na vila do Tea, Ponteareas, onde difundirán a esencia do folclore canario, ademais doutras tradicións, costumes e vestimentas que conforman algúns dos sinais de identidade da cultura popular deste rincón do Atlántico.

Este grupo de entusiastas amantes do folclore canario está integrado por unha parranda dirixida por Caty Mesa, na que se integran os tradicionais instrumentos de corda e percusión existentes nas diferentes illas Canarias (pitos, tambores, timples, guitarras…)

O corpo de baile, conducido por Diego Felipe, participará no evento cultural cos seus dous tipos de vestimenta; a principal, denominada “Comarcal de Candelaria” do século XIX, e a do campesiño de principios do século XX, caracterizada polas variadas cores e estilos de vestiario existentes nesta época.

Os traxes que locen os compoñentes de Chajoigo (topónimo aborixe que significa charco de auga) son reconstrucións basadas en fotografías, láminas e gravados antigos, ademais de contar co inestimable asesoramento de texedores e historiadores. Todos os traxes foron financiados polo propio grupo.

Programa de actividades das Festas de Setembro para este fin de semana

Sábado, 12
-A partires das 10:00 horas nas pistas de tenis de A Freixa, I Trofeo de Tenis “Concello de Ponteareas”.
-Ás 11:00 horas, no parque de San Roque, Ciclismo BTT MINIS. Trofeo “Open do Condado”.
-Á partires das 16:00 horas, na praza Bugallal, Baloncesto 3×3. Trofeo “Concello de Ponteareas”.
-A partires das 16:00 horas, no parque das Pombas, Fútbol-5 Promesas. Trofeo “Concello de Ponteareas”.
-Ás 21:00 horas, na praza Maior, concerto da Banda de Música “Reveriano Soutullo”.
-Ás 22:00 horas, na praza Maior, I Festival de Danza coa actuación dos seguintes grupos:Asociación de Danza de Gondomar.     Galicia en Danza de Baiona. Academia PASOS de Vigo. Centro de Desarrollo Musical de Ponteareas.

Domingo 13
-Ás 17:00 horas, na praza Maior, “XXII Festival Folclórico do Condado”.
-Ás 22:00 horas, na praza Maior, actuación do grupo folclórico “Chajoigo” de Candelaria (Tenerife).

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , , .

A Assembleia de Mulheres do Condado organiza as IV Xornadas Feministas do Condado Ponteareas pon en marcha o programa de apoio escolar a discapacitados

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: