Augas de Mondariz e a Sociedade Española de Nutrición Comunitaria promocionan hábitos de vida saudables

15/09/2009 at 12:07 Deixar un comentario

aranceta-en-mondarizAugas de Mondariz colaborará coa Sociedade Española de Nutrición Comunitaria na divulgación e promoción de hábitos de vida saudable entre a poboación. O profesor Javier Aranceta, Presidente da Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC), visitou a planta de envasado de Augas de Mondariz para coñecer de primeira man o proceso produtivo da compañía e avanzar cos responsables de Augas de Mondariz en posibles accións a desenvolver en materia de difusión de hábitos de vida saudable. Levar a cabo unha correcta hidratación é unha recomendación fundamental para dispor dunha vida saudable e neste sentido, Augas de Mondariz achega un profundo coñecemento e unha experiencia de máis de 136 anos no desenvolvemento de diferentes actividades para promover o consumo de auga mineral natural. O profesor Aranceta visitou a planta envasadora e os mananciais de Augas de Mondariz e reuniuse cos directores das áreas de produción, calidade e marketing para valorar in situ o proceso produtivo e os estritos controis de calidade e pureza aos que son sometidos todos os produtos da compañía. Experto en nutrición, Javier Aranceta é médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade do País Vasco (UPV) e Doutor en Nutrición pola Universidade de Perugia. Trátase do principal investigador da obesidade infantil en España e un dos autores nacionais máis citados en traballos sobre nutrición. Na actualidade desenvolve o seu labor profesional como Director da Unidade de Nutrición Comunitaria da Sub-área de Saúde Pública do Concello de Bilbao e Profesor Asociado de Saúde Pública e Nutrición Comunitaria na Unidade de Dietética e Nutrición Humana da Universidade de Navarra. Ademais, é Presidente da Sociedade Española de Nutrición Comunitaria e colabora co Ministerio de Sanidade como coordinador do grupo de traballo de epidemioloxía da estratexia NAOS e vicepresidente da Academia Española de Nutrición.

Entry filed under: Mondariz. Tags: , , .

Ponteareas pon en marcha o programa de apoio escolar a discapacitados O BNG comarcal agarda que a Xunta non recurra contra o dereito ao cobro dos dereitos mineiros dos afectados pola PLISAN

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: