Esquerda Unida califica de ‘chapuza’ a cesión dos terreos para o novo IES de Ponteareas

16/09/2009 at 10:04 Deixar un comentario

novo-ies

Con data 7 de xullo do 2006  dende EU-IU valoraban o convenio de cesión dos terreos no Barral para o novo instituto como “unha chapuza administrativa e cesión fraudulenta; cesión que foi aprobada por unanimidade dos catro grupos da corporación  (UCPA, PP, BNG, PSOE) no pleno celebrado o día 13-9-05”, segundo explica executiva local de EU-IU.

“Dende Esquerda Unida rexeitamos xa daquela este convenio tramitado irregularmente e consideramos que para resolver a cesión dun terreo polo concello para a construcción do IES debería irse á expropiación, evitando o pelotazo urbanístico, coas implicacións negativas de corrupción e desaxuste do PXOM que  logo se producíu. Xa daquela os corruptos manexaban o pretexto de evitar demoras na optención dos terreos”.

En decembro de 2006, EU-IU dirixíuse á Fiscalía Anticorrupción denunciando o convenio entre o Concello e o propietario dos terreos do Barral sobre cesión para o novo IES, por supostas irregularidades documentadas, entre as que mencionaban a denegación a EU-IU de acceso ó expediente.
“A  Fiscalía anticorrupción inhibíuse no tema, co que xa se vemos  que para pouco serve. Chegados a este punto entendemos que se demostrou de punta a cabo que EU-IU  tiñamos toda a razón. Agora a situación é inda máis grave porque hai invertidos a maioría dos 3.009.667 euros presupostados nunha contrucción inoperativa e desorganízase o desenvolvemento do curso escolar para centos de alumnos”.

Dende EU-IU rexeitan que se fagan novas concesións urbanísticas a propietarios dos terreos a cambio de abrir paso, “repetindo a coñecida desculpa da premura de tempo, e parécenos conveniente revisar o proceso de cesión dos terreos”.

Ademais, Esquerda Unida considera que “debe esixirse responsabilidades penais aos concelleiros dos catro grupos da corporación  (UCPA, PP, BNG, PSOE) máis aos responsables de educación e urbanismo da Xunta do goberno bipartito (PSOE+BNG) polo convenio que aprobaron.  Da nefasta xestión pola actual consellería non cabe sorprenderse, porque xa é coñecido que o PP fai todo o que pode por afundir a escola pública”.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , , , , .

Xosé Represas, novo Portavoz do BNG en Ponteareas O barrio de Empiade, nas Neves, teme quedar aillado coa chegada das chuvias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: