O barrio de Empiade, nas Neves, teme quedar aillado coa chegada das chuvias

16/09/2009 at 10:56 1 comentario

empiadeOs veciños do barrio de Empiade na parroquia nevense de Cerdeira denuncian o estado de abandono da única estrada de acceso as súas vivendas. Os afectados aseguran que hai máis dun ano a Deputación de Pontevedra comezaba as obras de ensanche e reparación desta estrada interrumpindo os traballos continuamente e levándoos a acceder aos seus fogares por unha estrada, actualmente, intransitable. Ao longo de máis de dous quilómetros os condutores terán que conducir por unha estrada chea de buratos e grava grosa; un estado que empeora cada vez que chegan as chuvias.

Segundo explican os veciños de Empiade cada vez que arrecia a auga os tubos de recollida de pluviais énchense de barro que desemboca nas portas dos veciños impedindo, nalgún caso, a entrada aos garaxes e vivendas.

As máis de catorce familias que habitan en Empiade aseguran estar fartas de aguantar esta situación. “Antes de que comezaran as obras tiñamos unha estrada estreita pero asfaltada, agora temos unha obra comezada que dificulta o acceso ao noso barrio, unha estrada chea de terra e pedras que se desprenden dos montes. Ademais da grava e dos surcos que cruzan a estrada”.

Ademais de afectar ao barrio de Empiade tamén o fai ao resto dos veciños do núcleo de Cerdeira que acceden á autovía A-52 por un tramo desta estrada xa que o acceso do que se servían permanece cortado dende hai varios meses.

No barrio de Empiade viven varias persoas maiores que deben facer uso do servizo de taxi para asistir ao médico ou ir facer compras. Aseguran os afectados que dende hai meses tanto os taxistas como os panadeiros ou outros vendedores amosan o seu desagrado polo estado da estrada adiantando que de seguir así terán que deixar de achegarse a Empiade para facer as súas vendas ou servizo de taxi.

De mal en peor, así van estes veciños que temen a chegada das chuvias porque poden chegar a cortar o acceso ás vivendas cunha riada de barro e pedras.

Entry filed under: As Neves. Tags: , , , , , .

Esquerda Unida califica de ‘chapuza’ a cesión dos terreos para o novo IES de Ponteareas O PSOE pide a dimisión do alcalde de Ponteareas ao non abrir o novo instituto

1 comentario Add your own

  • 1. noelia  |  17/09/2009 ás 13:30

    Hai que pagar impostos de rodaje por carreteras sen asfaltar?
    Que triste vivindo nos tempos que vivimos !
    Agradecemos a diputación de Pontevedra o ben e rápido que fan o seu traballo .
    Grazas A Peneira por todo.

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: