O BNG de Mondariz reprocha ao alcalde, Julio Alén, que non contratase ningunha obra do Plan E a empresas do concello

16/09/2009 at 09:32 Deixar un comentario

O BNG de Mondariz informa que o Concello de Mondariz está a desenvolver un total de seis obras de saneamento con cargo ao Plan E do goberno central por un importe total de case 1 millón de euros. Segundo os nacionalistas todas estas obras foron adxudicadas a través do procedemento directo ou negociado con publicidade, isto é, sen concurso público, “o que permite ao goberno local convidar directamente ás empresas que él elixe para optar a levar a cabo os traballos”, explica Xoán Carlos Montes Bugarín, portavoz municipal do BNG en Mondariz.

“Este mecanismo legal foi empregado polo alcalde para facer a adxudicación das obras de forma directa, evitando recurrir ao sistema de concurso público, algo que a Lei permite para as obras que non superan os 200.000 euros”.

Empresas de Mondariz
O BNG de Mondariz quere denunciar publicamente que o goberno municipal do PP contratou todas as obras que lle correspondían segundo o Plan E a empresas alleas ao concello, polo que a incidencia destas inversións no emprego local é mínima.  Este plan estatal foi concibido para activar a economía e o emprego locais, ao tempo que se cubrían necesidades cidadáns en materia de medioambiente, equipamentos, infraestruturas, etc…

Os nacionalistas de Mondariz, que son a primeira forza política da oposición na localidade, censuran ao alcalde do PP por “non facer o mesmo que os rexedores nacionalistas de O Porriño, Salceda ou a propia Entidade Local Menor de Queimadelos, que adxudicaron as obras que promoveron, preferentemente, a empresas locais”.

Entry filed under: Mondariz. Tags: , , , .

Meder, en Salvaterra, prepárase para a carreira de carros de rodamentos O concello de Ponteareas dedicaralle o Calendario do 2010 ao Corpus Christi

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: