Xosé Represas, novo Portavoz do BNG en Ponteareas

16/09/2009 at 09:45 Deixar un comentario

Pepe-Represas-copyLogo de substituír a Roberto Mera como concelleiro na Corporación Municipal de Ponteareas, Xosé Represas asume a máxima responsabilidade dos nacionalistas na localidade, a portavocía municipal. En xuño de 2007, tralas eleccións municipais, Mera renunciou a continuar exercendo como portavoz municipal despois de ocupar esa responsabilidade desde 1995. A súa decisión abríu unha situación transitoria na que Bolívar González asumíu a portavocía e agora, dous anos despois, o BNG abre con Xosé Represas unha nova etapa cun novo referente como portavoz dos nacionalistas.
Bolívar González destacou a importancia política da decisión engadindo que “confiamos a Xosé Represas a máxima responsabilidade do BNG de Ponteareas pola sua capacidade de xestión, a súa longa experiencia política e social e a sua capacidade de diálogo e negociación”. González engadíu ademais que “con Represas ao frente do BNG, o nacionalismo en Ponteareas volve apostar por referentes próximos á xente, de recoñecido prestixio social e coñecedores dos problemas dos pontereáns e das súas solucións”.
Pola súa banda, o novo Portavoz, Xosé Represas, indicou que “asumo con moitas gañas e ilusión esta responsabilidade e o inicio desta nova etapa do BNG en Ponteareas”. Ademais de agradecer aos seus compañeiros de partido a confianza outorgada, Represas tivo palabras de agradecemento para os anteriores portavoces municipais, Roberto Mera e Bolívar González, “pois grazas ao seu liderazgo o BNG converteuse na forza máis votada en Ponteareas”.
Represas anunciou que “nesta nova etapa, o noso obxectivo seguirá sendo o mesmo, lograr a alcaldía en 2011” e salientou que “a miña adicación e traballo irá dirixida especialmente a convencer a aqueles veciños e veciñas que aínda non nos deron a súa confianza, para que o fagan nas vindeiras eleccións municipais”.
O novo líder dos nacionalistas lembrou que “a maioría dos ponteareáns queren un cambio de goberno e de política en Ponteareas. O BNG é a alternativa que pode traer ese cambio en 2011. Sabemos que hai moitas persoas que apoiaron a outras forzas en 2007 e que hoxe están defraudadas. Eu como novo portavoz do BNG vou traballar para chegar a toda a esa xente e gañarnos a súa confianza”.

Xosé Represas Giráldez
Natural da parroquia de Xinzo. É Diplomado en Empresariais pola Universidade de Vigo e traballa nunha entidade financieira en Ponteareas. Foi directivo da Comunidade de Montes de Xinzo e do seu Centro Cultural. Ocupou ademais o cargo de Presidente da Asociación Forestal de Galicia. É concelleiro do BNG desde o mes de xullo e ten exercido durante a última década diferentes responsabilidades no BNG en Ponteareas e no Condado.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , , .

O concello de Ponteareas dedicaralle o Calendario do 2010 ao Corpus Christi Esquerda Unida califica de ‘chapuza’ a cesión dos terreos para o novo IES de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: