A ANPA do Ramiro Sabell, en Ponteareas, suspenderá as clases por falta de limpeza no centro escolar

18/09/2009 at 09:26 Deixar un comentario

A ANPA do colexio Ramiro Sabell Mosquera quere denunciar a falta de limpeza no centro educativo.Desde o curso anterior aseguran ter denunciado en diversas ocasións a falta de limpeza neste centro.
“No curso pasado ampliouse, cun aulario novo dotado de seis clases de infantil unha aula de psicomotricidade e un comedor para unha capacidade de 225 nenos, isto acompañado dos correspondentes aseos. O edificio foi entregado nunhas condicións lamentables de limpeza que trasladamos ante o concello e a Xunta, e a única resposta foi o silencio, práctica habitual á que nos teñen acostumados”, explica o presidente Juan Carlos Carrillo Claro.
Ademais, enganden que ao remate do curso nunha entrevista co alcalde este prometeu dobrar o servizo de limpeza, este servizo estase a realizar con dúas limpadoras que realizan a súa labor sen a maquinaria oportuna, tendo que limpar un pavillón de infantil un pavillón de primaria e o pavillón onde se realiza
ximnasia, recordar co centro ten un aulario de 360 nenos/as.

A asociación de nais e pais reclaman que se poña fin a esta situación de insalubridade.
“Despois de dous días de clase, o estado dos baños é lamentable, non entendemos que desde a Xunta se estea a encher a boca co protocolo de actuación da gripe A e o noso centro estea nestas condicións. Ante a situación plantexamos que se nos vindeiros días o problema non esta arranxado, teremos que plantexarnos suspender as clases”.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , , .

A Deputación aproba as bases do premio Carmen Ferro 2009 dedicado este ano á integración social e sociolaboral das persoas discapacitadas A FANPA de Ponteareas convoca unha asemblea extraordinaria para tratar do novo IES

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: