A Deputación aproba as bases do premio Carmen Ferro 2009 dedicado este ano á integración social e sociolaboral das persoas discapacitadas

18/09/2009 at 09:16 Deixar un comentario

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión de 16 de setembro de 2009, acordou a aprobación das bases do premio Carmen Ferro, dedicado este ano á integración das persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.
Neste senso, a convocatoria 2009 do referido premio ten por obxecto apoiar ós proxectos de carácter integral e innovadores, orientados á inserción sociolaboral ou social das persoas con discapacidade.
Poderán presentarse a esta convocatoria todas as entidades de iniciativa social, cunha antigüidade de dous anos,  que desenvolvan a súa actividade na provincia de Pontevedra e que traballen en proxectos da devandita índole.
A dotación orzamentaria da Deputación ascende a 18.000 euros, repartidos en tres modalidades de premios: dous de 6.000 euros cada un, para proxectos de inserción sociolaboral, e un premio, tamén de 6.000 euros, para proxectos de inserción social.
Cada asociación ou entidade unicamente poderá presentar un proxecto. Así mesmo, as entidades beneficiarias deberán atoparse desenvolvendo o proxecto presentado ou comprometerse a levalo a cabo durante o ano 2010.
Os avances producidos no campo da discapacidade e o novo concepto desta, baseado na igualdade de oportunidades, son os que levaron á Deputación a dedicar neste ano o premio á integración deste colectivo, en aras a que poidan acadar unha vida normalizada, integradora e autónoma.
Cada ano a Deputación pon en marcha o premio Carmen Ferro para distinguir o labor no ámbito social de asociacións sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. Tags: , , , , , , , , .

O PSOE pide a dimisión do alcalde de Ponteareas ao non abrir o novo instituto A ANPA do Ramiro Sabell, en Ponteareas, suspenderá as clases por falta de limpeza no centro escolar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: