O proxecto Ríos, de Adega, inicia a súa campaña de outono

18/09/2009 at 11:14 Deixar un comentario

río-alenCo inicio do curso académico o Proxecto Ríos comeza a campaña de outono. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

O 15 de setembro é a data na que os grupos que están a participar no Proxecto Ríos teñen como referencia a partires do cal poden achegarse ao seu río para facer a inspección do mesmo. Esta campaña estenderase ate o día 1 de novembro no que remata a citada campaña. Cos datos recollidos nesta campaña e os da pasada campaña de primavera realizarase o Informe Anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos, informe que se presentará o 16 de decembro.

O día 26 de setembro, terá lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). As X Xornadas de formación de coordinadores/as de grupo do Proxecto Ríos. Nestas xornadas pretendemos incidir como cada ano no recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo ao ser bioindicadoras. Para os/as que xa participaron en anos anteriores afondaremos en novos ámbitos.

Así mesmo, estanse a programar saídas formativas con distintas entidades (centros de ensino de primaria e secundaria, concellos, ANPAS, grupos ecoloxistas,…). As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios poda logo desenvolver o programa autonomamente.

Nesta campaña de outono, continuando coas actividades iniciadas o ano pasado, estase a organizar unha limpeza simultánea de ríos para o 27 de setembro. Para esta xornada editaremos un protocolo de limpeza de ríos para unificar criterios á hora de abordar a limpeza. Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.

Este outono continuaremos o proxecto, iniciado o ano pasado, de voluntariado en ríos en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino e dentro do seu programa de Voluntariado en Ríos. Celebrarase durante os tres últimos fins de semana do mes de outubro o III campo de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizaranse tarefas de eliminación de especies de flora exótica invasora, continuando cos traballos desenvolvidos o ano pasado. O voluntariado terá cubertos os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención. As prazas son limitadas.

Para máis información:

http://www.proxectorios.org

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. Tags: , , .

Os veciños de Prado, en Ponteareas, dispoñen xa da nova Casa da Cultura Domingo día 20, festa Nacionalista no Condado

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: