Domingo día 20, festa Nacionalista no Condado

19/09/2009 at 15:54 Deixar un comentario

cartaz-festa-bng-condado09A dirección comarcal do BNG do Condado-Paradanta e Louriña ten organizada a celebración da Festa Comarcal dos nacionalistas para este domingo día 20 de setembro no parque de S. Roque en Ponteareas. O programa desta xornada lúdico-política, inclúe ademais dun xantar de convivio, actuacións musicais, exposicións, xogos populares, e intervencións políticas.
Coa organización da “Festa Nacionalista”, o Bloque quere fomentar a relación entre as persoas que compoñen o BNG da comarca, militantes, simpatizantes, ao tempo que mostrar diante da sociedade a enerxía dun Bloque Nacionalista Galego que implantado en todos os concellos da comarca inicia este novo curso político “con paso firme, disposto para dar a batalla nas municipais de 2011”.

No novo curso político que está marcado pola celebración das elecións municipais na primavera de 2011, a organización comarcal do Bloque  do Condado, da que dependen as organización locais de O Porriño e Salceda, concellos que contan con alcaldes nacionalistas, márcase como obxectivo consolidar estas duas alcaldías e incrementar representación noutros concellos coa consecución de novas alcaldías.
O Responsable-Portavoz comarcal do BNG, Francisco Chivite, lembra que ademais das duas localidades onde xa goberna o BNG, os nacionalistas són a forza máis votada en Ponteareas e a principal alternativa aos gobernos do PP nos restantes concellos da comarca ao ter superado amplamente a posición do PSOE. “Partimos polo tanto dunha posición favorable para multiplicar a nosa presenza en todas as corporacións municipais da comarca” afirmou Chivite.
A intervención política principal da xornada, que está prevista para as 5 da tarde, correrá a cargo de Alfredo Suarez Canal, deputado no Parlamento Galego e ex-conselleiro do Medio Rural, prevese ademais a presenza de Montse Prado (Responsable de Organización Nacional) e da deputada no Congreso Olaia Fernandez Davila.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , .

O proxecto Ríos, de Adega, inicia a súa campaña de outono Nós-Unidade Popular chama ás nais, pais e profesorado a mobilizarse pola non apertura do novo insitituto en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: