Constitúese a Plataforma de Afectados do Novo Ies de Ponteareas

21/09/2009 at 16:04 Deixar un comentario

ies-novoO venres 18 de setembro nunha asamblea de pais e nais afectados polo Novo Ies constituíuse unha Pplataforma para revindicar a solución inmediata da apertura do novo centro. A comunidade educativa preocúpalle que a situación do novo centro se prolongue no tempo e os nenos non poidan recibir as clases no Ies do Barral.
Os pais e nais non aceptan a alternativa que propón a Consellería de Educación de impartir as clases en horario de tarde nos Ies Val do Tea e Pedra De Auga xa que aseguran que “lles é imposíble conciliar a vida laboral e familiar, como ata o de agora, traéndolles esta medida moitos problemas as familias”.

A Plataforma decidiu varias medidas de presión para que o Goberno Municipal e a Consellería de Educación modifiquen a súa postura e arranxe o problema de accesos e servizos básicos do Novo Ies e comece o curso escolar no lugar donde estaba previsto inicialmente, que é o novo centro.

Dentro das movilizacións convocouse unha manifestación para o lúns 21 ás 8.30h no Ies Val do Tea, outra concentración para o martes 22 tamén a mesma hora e continuará o mércores cunha manifestación ás 10h, por distintas rúas do pobo que partirá do mesmo centro e rematará no Concello, solicitando os pais e nais os pertinentes permisos a subdelegación do Goberno.

A Plataforma acordou o día sen clase para o vindeiro martes 22, convidando a que participen todos os Ies de Ponteareas, en apoio dos afectados.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , .

O BNG aínda non abríu o proceso de elección de referente en Ponteareas Rédea Solta gaña o 1º premio do XLII concurso de gaitas de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: