Nós-Unidade Popular chama ás nais, pais e profesorado a mobilizarse pola non apertura do novo insitituto en Ponteareas

21/09/2009 at 15:27 Deixar un comentario

“Comeza o curso escolar e político e en Ponteareas centos de mozos padecen as consecuencias do desinterese de PP e UCPA por unha cuestión tan importante na vida de toda persoa como o é a formación”, explica a Assembleia Comarcal de Nós-Unidade Popular do Condado.
Segundo estes o que está a acontecer no concello de Ponteareas sobrepasa os límites tolerables. Nós-UP acusa aos concelleiros de PP e UCPA de non respetar a educación dos mozos. “Quenes son culpables desta situación non se ven afectados por ela; eles optan por matricular aos seus en elitistas centros privados. Pódense permitir pagar o seu elevado custe, é cos salarios-roubo que se poñen a conta de todos nós, PP e UCPA parasitan na cámara municipal”.

Nós-UP asegura que o novo instituto non abríu as súas portas o 17 de setembro, data do inicio do curso, por carecer de abastecemento, saneamento e alumeado. Abrirán, segundo afirman, o día 21 pero sen rematar.

Así mesmo, engaden que as aulas que o alumnado do novo instituto estudará no Val do Tea en horario de tarde o que supón, segundo Nós-UP isto supón máis problemas para os pais e tamén para o Val do Tea.

“As nais e pais do colexio Ramiro Sabell denuncian ao mesmo tempoa situación de insalubridade na que se atopa o centro, que ten un aulario de 360 cativos e propoñen suspender as clases se non se soluciona o problema”.

Continúa Nós-UP expondo que “a Solla e a Nava isto non lles preocupa. Andan máis preocupados polo reparto do poder na cámara municipal, á que acaban de concederlle 1.208.000 millóns de euros desde a Deputación. Nava Castro foi deputada en Madrid polo PP e agora Directora Xeral de Comercio polo mesmo partido, mantén en Ponteareas a UCPA como grupo diferenciado para defender os seus intereses. Estas son as prioridades de PP-UCPA e non traballar en beneficio do pobo”.

Para Nós-UP o que está a acontecer é “imperdonable”. Dende Nós-Unidade Popular chaman ás nais, pais e profesorado á mobilización. “Compre dar unha resposta na rúa a este atentado contra o dereito a un ensino e servizos públicos dignos”.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , .

Domingo día 20, festa Nacionalista no Condado A Concelleira nacionalista Sandra Arauxo asume novas responsabilidades a nivel galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: