Unha área Biosaudable e unha área infantil para nenos e nenas con mobilidade reducida, novedades do recén remodelado Parque das Pombas, en Ponteareas

21/09/2009 at 15:44 Deixar un comentario

O Parque das Pombas, recentemente remodelado, cun investimento de 151.900 euros, está xa plenamente operativo para o uso de veciñas e veciños que fixeron deste parque ponteareán, un lugar de referencia no que ocupar o seu tempo de lecer.
Consciente deste feito, o Goberno Local incluíu  estas obras de mellora do Parque das Pombas, dentro dos fondos que, ao Concello, lle corresponderon ao abeiro do programa dos Fondos Estatais de Investimento Local.
As obras realizadas abrangueron tanto traballos de reparación de elementos e infraestruturas xa existentes como a construción doutras novas. Así, mellorouse e ampliouse a área infantil xa existente coa substitución daqueles elementos que estaban deteriorados. Amais, construíuse unha área infantil especialmente adaptada aos nenos e nenas con mobilidade reducida, nunha iniciativa pioneira no concello de Ponteareas e que se inclúe dentro do plan global, que se desenvolve dende o Goberno Local, de eliminación de barreiras arquitectónicas.
Ademais desta área infantil para nenos e nenas con mobilidade reducida, a remodelación do parque das Pombas incluíu a construción dunha Área Biosaudable dotada de todos aqueles elementos que permitan que os maiores, usuarios deste espazo público, poidan realizar exercizos que melloren a súa mobilidade e condicións físicas.
o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, dado o éxito que está a ter esta área biosaudable, anunciou a “próxima construción doutra infraestrutura similar, que quedaría instalada no parque público do Conservatorio Municipal de Música e se estudará a súa instalación noutros puntos do Concello”. Estas areas biosaudables, segundo González Solla “amosan a sensibilidade que, dende o Goberno Local, sempre se amosou polas necesidades dos nosos maiores e, como é neste caso, en dotarlles das ferramentas precisas que melloren a súa saúde e mobilidade”.
Doutra banda, as instalacións deportivas que se atopan no Parque das Pombas, tamén foron obxecto de importantes melloras xa que se construíu unha nova pista polideportiva de 21 x 11 metros onde os máis pequenos poderán practicar baloncesto ou fútbol sala, e que complementa a xa existente que resultaba insuficiente para o número de usuarios que rexistraba de xeito diario.
A remodelación do Parque das Pombas completouse coa instalación de 30 novos bancos e dotación dunha nova iluminación antivandálica.
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, salientaba que “as obras realizadas no Parque das Pombas, permitirán o seu uso e aproveitamento deste espazo público por parte de todos os veciños e veciñas de Ponteareas, sen ningún tipo de distinción”.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , .

Concluídas as obras de construción do auditorio de Ribadetea, en Ponteareas Esquerda Unida leva o caso do ponteareán J. C. C ao Congreso dos Deputados

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: