A Concellería de Tráfico de Ponteareas habilita un novo aparcadoiro gratuíto na finca Sarmiento

23/09/2009 at 11:04 Deixar un comentario

foto-aparcamiento-sarmientoA concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas comezou na mañá de onte os traballos de preparación de parte dos terreos da coñecida popularmente como Finca Sarmiento, de cara a convertela nun aparcadoiro municipal gratuíto.
Este novo aparcadoiro, que terá entrada polas rúas Alexandre Bóveda e Rosalía de Castro, permitirá dar unha solución ao estacionamento de vehículos, logo que co comezo do curso escolar, suprimírase o existente no Colexio Nosa Señora dos Remedios, que estivo operativo durante todo o verán.
Segundo o concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá e primeiro tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, “este novo estacionamento estará operativo nun prazo dunha semana e permitirá o estacionamento de preto dos 300 vehículos”.
González Carrera explicou que esta medida forma parte das que desenvolve o Concello de Ponteareas de “buscar solucións ao problema que supón o estacionamento de vehículos no casco urbano ponteareán”. Asemade, explicou o responsable de Tráfico, “seguiremos buscando outros lugares nos que se poidan establecer este tipo de aparcadoiros, totalmente gratuítos, que permiten que, usuarios e usuarias, poidan achegarse ao centro urbano con total comodidade e coa tranquilidade que supón dispor de puntos de estacionamento gratuítos”.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , .

¿Alguén dixo videocreación? Os días 2,3 e 4 de outubro cita con MÍVICO en Ponteareas O pleno de Ponteareas aproba por unanimidade o inicio do expediente de expropiación dos terreos que dan acceso ao IES do Barral

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: