Candeira urxe o inicio das clases no IES do Barral, Ponteareas

23/09/2009 at 09:46 Deixar un comentario

Diante do anuncio do alcalde de Ponteareas de proceder a unha expropiación forzosa como  solución ó problema de inicio de curso no IES do Barral, o PSOE quere puntualizar que “se a solución pasa pola expropiación, esta debería terse realizado durante os últimos tres anos con tempo abondo para que se puidese iniciar o curso con normalidade”.
Así mesmo, os socialistas indican que “durante o último ano o Grupo Municipal Socialista ten instado reiteradamente ó goberno municipal a necesidade urxente de acometer as obras de acceso á vista de que as obras do novo instituto estaban a punto de rematar”.
Continúa o portavoz do PSOE local explicando que “xa no mes de xuño, con motivo da visita do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez á parroquia de Guláns, este foi advertido polos concelleiros socialistas da situación do novo IES e da falta de inicio das obras de acceso, de abastecemento de auga, electricidade e saneamento, insistindo os concelleiros  na necesidade do inicio inmediato das obras para que pudiesen estar plenamente operativas no inicio do curso 2009-2010”.

Ademais, os socialistas engaden que “se o alcalde se sente incompetente para solucionar este problema de forma inmediata, chegando a un acordo cos propietarios dos terreos e a única solución viable é a expropiación dos terreos, desde o Grupo Municipal Socialista apoiaremos dita expropiación e lamentamos que non se teña feito varios meses antes”.

Por último o PSOE adianta que “se a expropiación dos terreos é unha decisión firme, desde o Grupo Municipal Socialista consideramos que tal solución non vai ser efectiva cando menos ata dentro de tres meses , e sendo coñecedores da incompetencia do alcalde  moito nos tememos que esa solución tardará bastantes meses máis”.
Desde o Grupo Municipal Socialista queren reiterar que “é inaceptable que habendo unha infraestructura de máis de tres millóns de euros sen poder ser utilizada pola incompetencia deste goberno municipal, a única saída que lle queda ó alcalde, se ten aínda algo de decencia política, debería dimitir”.

Advertisements

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , .

O concello de Ponteareas solicitará a expropiación dos terreos de acceso ao novo IES Nós-Unidade Popular anima aos afectados a participar nas manifestacións pola apertura do novo IES de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


%d bloggers like this: