Nós-Unidade Popular anima aos afectados a participar nas manifestacións pola apertura do novo IES de Ponteareas

23/09/2009 at 09:57 1 comentario

manifestación-novo-iesNós-Unidade Popular afirma que tan só a mobilización de nais, pais e alumnado é a única garantía para que as reivindicacións sexan tomadas en serio; por iso animaron aos afectados a participar na manifestación que esta mañá partíu do IES Val do Tea, en Ponteareas.
“Se ben Solla ven de anunciar que o concello solicitará a expropiación dos terreos necesarios que garantan o acceso e seguridade dos usuarios, non se debe depositar a máis mínima confianza nas súas palabras”.
Segundo Nós-UP o primeiro paso para a solicitude da expropiación á Xunta de Galicia é a aprobación no pleno, “deben reunirse de urxencia e non perder máis tempo”.
Para Nós-UP “a Consellería de Educación con Jesús Vázquez Abad á cabeza demostra o seu total desinterese por un ensino público de calidade para Ponteareas. Esta máis preocupada en erradicar o galego das aulas inventando falsas imposicións para agochar as súas propias: educación españolista e de pésima calidade”.
Ademais, engaden que “pola súa parte, PSOE e BNG continuaron a financiar o ensino privado durante a súa xestión na Xunta ao igual que na era Fraga. O caso actual de Ponteareas non é alleo ao apoio destas dúas forzas, a intereses privados que causan un empeoramento e deterioro dos servizos públicos como o é o ensino”.
Mentres centos de nais, pais e alumnos percorrían as rúas do centro urbano de Ponteareas portando pancartas nas que esixen a solución ao problema e advirten que as clases pola tarde repercuten na anulación das actividades extraescolares.

Advertisements

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , .

Candeira urxe o inicio das clases no IES do Barral, Ponteareas O BNG anuncia que a Deputación embargará 680.000 euros a Ponteareas do plan de obras 2009-2011

1 comentario Add your own

  • 1. Sr. Exemplo  |  25/09/2009 ás 09:12

    SÍ, Ponteareas é un gran Concello con grande xente pero con uns gobernantes incompetentes. Ao despropósito urbanístico, a grande débeda… agora súmaselle o maltrato ó ensino. Non hai diñeiro… para os cidadáns, pero sí para os amiguiños que circundan o CHIRINGUITO dos pepistas e castristas. Unha noticia presentada coma “Ponteares y su televisión” aparecía en EL PAÍS, amósanos o exemplarizantes que son estes políticos:
    “(…) La liquidación del año pasado figuraba en los primeros puestos de la lista de los números rojos, con un desfase de 2,1 millones de euros, equivalentes a un tercio de sus ingresos.(…) Con poco más de 22.000 habitantes, su plantilla reconocida es de 279 personas. El personal aumenta cada año en un número indefinido de trabajadores procedentes de programas de cooperación con otras administraciones. En el año 2007, los salarios absorbieron 4,9 millones de euros, el 54% de todos los gastos. (…) Aunque no le sobra el dinero, Ponteareas tiene canal de televisión propio (Canal Tea) (…). Once personas figuran en plantilla junto a una maquilladora que cobra del departamento de Cultura. Su director percibe, además de su sueldo, un complemento de 14.565 euros al año, casi el mismo que el que recibe el único redactor.(…) Al municipio no le hacen falta galescolas ni galiñas azules. Tiene guardería propia donde trabajan otras 23 personas, la mayoría auxiliares de puericultura. También disfruta de estación de autobuses, de la que se encargan cuatro personas, e incluso posee en plantilla un trabajador dedicado exclusivamente a dirigir la escuela de ciclismo.”

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


%d bloggers like this: