O concello de Ponteareas solicitará a expropiación dos terreos de acceso ao novo IES

23/09/2009 at 09:41 Deixar un comentario

O Concello de Ponteareas, ante o problema xurdido no IES do Barral,asegura que “despois dos continuos contactos mantidos cos propietarios dos terreos para achegar os servizos básicos ao IES do Barral e dotar ao mesmo duns accesos que garantan debidamente a seguridade dos usuarios e usuarias, e sen posibilidade algunha de chegar a un acordo con ditos propietarios, anuncia o inicio de todos os trámites precisos para solicitar, perante a Xunta de Galicia, a Declaración de Urxente Ocupación de Bens, que aseguren o acceso e dotación de servizos básicos ao IES do Barral, mediante expropiación urxente e forzosa dos terreos precisos”.
Por outra banda Salvador González Solla, que recibíu na mañá de onte na Casa do Concello, aos representantes da recén constituída Plataforma de Afectados polo IES do Barral, anuncioulles esta decisión e comunicoulles o compromiso do Concello e da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, de imprimir “a máxima celeridade aos prazos para a resolución de dito expediente”. O alcalde de Ponteareas salientou que este expediente terá que ser aprobado polo correspondente Consello da Xunta de Galicia, trala posterior aprobación plenaria por parte da Corporación Municipal ponteareá.
Asemade, manifestoulles aos representantes da Plataforma, que mediará diante da Administración educativa, para buscar unha solución alternativa á escolarización dos nenos e nenas, en tanto non se poña en marcha o IES do Barral. Amais, anunciou que xa está solicitada unha entrevista cos responsables da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, entrevista na que o alcalde intentará que estea presente unha representación de nais e pais, para tentar buscar unha rápida solución a este problema.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , .

O BNG pedirá explicacións sobre o novo IES no pleno do xoves Candeira urxe o inicio das clases no IES do Barral, Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: