O pleno de Ponteareas aproba por unanimidade o inicio do expediente de expropiación dos terreos que dan acceso ao IES do Barral

24/09/2009 at 09:43 Deixar un comentario

O Pleno Extraordinario da Corporación Municipal de Ponteareas, reunido ao mediodía do mércores en sesión extraordinaria e urxente, aprobou, por unanimidade dos concelleiros asistentes, solicitar da Xunta de Galicia a Declaración de Urxente Ocupación de Bens, que aseguren o acceso e dotación de servizos básicos ao IES do Barral, mediante expropiación urxente e forzosa dos terreos precisos.
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, reiterou o compromiso do Concello e da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, de imprimir a máxima celeridade aos prazos legais para a resolución de dito expediente que, trala aprobación polo Pleno Municipal e tralo correspondente período de información, deberá ser ratificado polo Consello da Xunta de Galicia.
Salvador González Solla salientou que, independentemente do inicio deste expediente de expropiación, mantén aberta a vía da negociación cos propietarios dos terreos, cos que terá unha nova reunión nesta mesma semana.
Pola súa parte o BNG votou a favor aínda que puntualizando que non estaban de acordo con “este tipo de medidas pero para non prexudicar tanto aos pais como aos alumnos non porán impedimentos”.
O PSOE recriminou ao alcalde que non tomara estas medidas hai uns meses para que os alumnos comezaran no día fixado as clases.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , .

A Concellería de Tráfico de Ponteareas habilita un novo aparcadoiro gratuíto na finca Sarmiento Curso de Saúde Ambiental en Vilasobroso, Mondariz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: