A FEG denuncia que a tala de ameneiros vai empeorar a saúde do río Miño

25/09/2009 at 10:33 Deixar un comentario

A Federación Ecoloxista Galega lamenta o “nulo respecto polos ríos amosado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, alén de diversos concellos do Ribeiro”. Os ecoloxistas denuncian que a suposta tala masiva de ameneiros, realizada sen ter en conta ningún criterio técnico ou biolóxico, vai empeorar a saúde dos cursos fluviais desa bacía.
A FEG tamén apoia publicamente o traballo informativo e de denuncia desenvolvido por Coto do Frade.
Durante a primavera e verán do 2009 un andazo afectou a milleiros de ameneiros (Alnus glutinosa) na bacía do Miño-Sil. Aínda sen coñecer a causa exacta desa mortandade, a principios de verán a C.H. Miño-Sil, amais de diversos concellos da bacía, levaron adiante medidas de eliminación de árbores mortas ou doentes, segundo explica a FEG.
“Estas actuacións, realizadas con criterios que a día de hoxe non son públicos e empregando maquinaria pesada, poden agravar este andazo, xa que os movementos de terra xunto coa ausencia de medidas hixiénicas (desinfección das ferramentas de tala) favorecen a dispersion do fungo Phytophtora alni, patóxeno que foi isolado en mostras de árbores
mortas no Ribeiro”.
A FEG quere lembrar que a vexetación de ribeira contribúe a mellorar a saúde dos ríos.
“Nomeadamente, as árbores contribúen a fixar as marxes do río, regulan a chegada de auga de escorrentía aos cursos e reducen tamén a velocidade das augas, polo que a eliminación masiva e caótica de ameneiros vai empeorar a calidade das augas e os efectos das enchentes do vindeiro outono”.
A FEG reclamará na vindeira xuntanza da C.H. Miño-Sil explicacións e informes xustificativos das actuacións realizadas e esixirá un programa específico de recuperación da vexetación de ribeira que permita recuperar as zonas afectadas por talas masivas.
Ademais, a FEG pedirá á Confederación que se constitúa unha Comisión de seguimento do andazo dos ameneiros.
Finalmente, a FEG, e os 17 grupos que a forman, queren apoiar e sumarse ao traballo de información e denuncia que está a levar adiante no Ribeiro o grupo Coto do Frade (integrante da Federación) con motivo da mortandade de ameneiros e as actuacións agresivas da C.H. Miño-Sil ou o Concello de Ribadavia.
Máis información: Anxo F. Saborido, Comisión Permanente da FEG (666 893 879)

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. Tags: , , , , , .

A Plataforma de Afectados polo IES do Barral convoca unha manifestación para hoxe ás 19:30 horas Programa de Festas de San Miguel, en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: