Crónica dun problema anunciado. Suspéndese o pleno ante as réplicas dos afectados

25/09/2009 at 10:49 Deixar un comentario

Deste xeito remataba o pleno ordinario celebrado onte en Ponteareas. Logo dunha hora e media de debate e de “mitíns” das distintas forzas políticas, os pais e nais dos alumnos afectados pola non apertura do Instituto do Barral marcharon para as súas casas sen ningún tipo de resposta que lles aclarase cando e como ía a abrir o novo instituto. Sen alternativa ningunha ao horario de tarde que uns poucos nenos están facendo no Val do Tea as nais e pais reclamaron dende o público un horario digno e unha solución urxente ao Instituto do Barral.
Amenazando continuamente con suspender o pleno ante os aplausos e queixas das nais, pais e alumnos asistentes a esta sesión ordinaria, Salvador González Solla, pedíu a confianza dos veciños e asegurou que a solución estaba en marcha recoñecendo que os propietarios dos terreos lindantes coa N-120 xa pediran unha reunión para negociar.
Mentres o PSOE esixía a dimisión do alcalde o BNG remontouse ao 2006 para explicar o inicio do problema. Logo de moitas reflexións e acusacións entre os distintos grupos políticos o alcalde suspendeu o pleno cando comezaba a tratarse o segundo punto da orde do día ante o reproche dunha das afectadas que preguntaba cando ía comezar o seu fillo as clases.
Os case douscentos cativos afectados pola non apertura do novo instituto marcharon para a casa coa esperanza de que a reunión mantida hoxe en Pontevedra entre a Plataforma de Afectados e o delegado de Educación en Pontevedra fora máis fructífera.
Nestes intres, arredor de vinte cativos asisten a clase polas tardes mentres que a inmensa maioría non acepta este novo horario e agarda na casa unha solución mellor.
Dende a Plataforma aseguran que padecen “unha especie de castigo todos aqueles que non están asistindo ás clases” xa que non lle facilitan información do material escolar que deben mercar nin dos libros de texto que empregarán.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , , .

Programa de Festas de San Miguel, en Ponteareas Unha inspectora de Educación visita o conservatorio de Ponteareas trala reunión mantida coa Plataforma de Afectados polo IES do Barral

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: